jueves, 8 de julio de 2010

Novas Xeracións denuncia a inexistencia de climatización adecuada para as instalacións da piscina Municipal

Como outras tantas infraestructuras da nosa vila que posuimos e que disfrutamos é penoso que non se exixa por parte do goberno local un mínimo de mantemento e mellora para que os servizos ofrecidos aos cidadáns sempre sexan os mellores. Fágamos sentir que os impostos que se pagan por parte do particular serven para algo.
Os usuarios da piscina municipal como é razonable acuden as intalacións a prácticar deporte de diferentes tipos. Pero as condicións en que se práctica son canto menos, perxudiciais para a saúde. O problema é que, poñamos un exemplo, a sala de spinning encóntrase situada nunha das alas do edificio que está sometida a unhas temperaturas extraordinariamente altas, as que lle sumamos a sudoración propia do corpo ten un resultado claro: É INSOPORTABLE. Cousa que se extende a todas as salas da piscina municipal.

A solución sería tan asequible como que o edificio contase con un sistema de refrixeración propio deste tipo de espacios para que a práctica do deporte fose o máis cómoda posible.

O deporte e os habitos de vida sanos deben ser incentivados por parte do poder público, sen embargo, se despois ese propio poder nos pon trabas, que nos queda?

Sumádevos a nosa proposta de acondicionamento da piscina municipal. A mellora é para tod@s!

Encontro "El Camino del liderazgo. Acercamiento de los jóvenes al mundo directivo"

Dentro do proxecto "Un espazo novo na Axenda de Lisboa" promovido pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado d Xunta de Galicia e polo Instituto Portugués da Xuventude, no marco do programa de colaboración Galicia - Norte de Portugal, celebrará o vindeiro 20 de xullo en colaboración con APD o encontro "El camino del liderazgo. Acercamiento de los jóvenes al mundo directivo".
Esta xornada comezará ás 9.15 da maña e rematará ás 20.00 horas na Escola Galega de Adminstración Pública.
Entre os asistentes a este evento, 25 xoves terán a posibilidade de ser becados para asistir a convención APD acompañando aos directivos das empresas máis importantes do merado esañol, os próximos 2 e 3 de novembro en Santiago de Compostela.

Os que estedes interesados en asistir remitide un correo cos vosos datos ó noso mail nnxxppmelide@hotmail.com.

Concerto de Renato Spencer & Café Caxaça na praza do Convento o día 10 de Xullo

O 10 de Xullo de 2010 as 23.00 o grupo liderado porRenato Spencer actúara na praza do Convento con entrada gratuita. O músico brasileiro formou parte de diferentes formacións musicais ao longo da súa traxectoria ata quedarse coa formación Café Caxaça.

Representan a fusión musical entre as culturas europeas, indíxenas e africanas. Fusionan ritmos brasileiros e galegos da música popular de ambos lados do atlántico como a bossa nova, a samba ou mesmo o reggae con sonidos propios da cultura galega, creando un estilo propio con pegadas de artistas como Caetano Veloso, Gilberto Gil ou outros menos consagrados como Chico César ou Carlinhos Brown.


domingo, 4 de julio de 2010

A autovía Santiago-Lugo sufrirá retrasos na súa execución

Pese a imperiosa necesidade de infraestructuras do transporte en Galicia, que ben por aqueles gobernos liderados polos centralistas no tempo da Restauración, ou, polo contorno orográfico da nosa xeografía quedaron sempre hipotecados. E unha vez máis, a ilusión de unha autovía que permitiría enlazar o interior da comunidade galega queda estancada "temporalmente".
O alcalde de Santiago, o socialista Xosé Antonio Sánchez Bugallo, asegurou onte nunha rolda de prensa que a autovía A-54 sufrirá "algún retraso" debido aos axustes de obra pública que se están aplicar como medidas contra a crise por parte do goberno central.
O primeiro dos tramos entre Lavacolla e Arzúa contaba coa promesa do ministro de Fomento, Xosé Blanco, para que a súa finalización fose non máis aló do 2012. Unha vez máis, os gobernantes centrais rachan coas súas promesas xa que os usuarios da N-547 terán que agardar un tempo máis-non se sabe canto- para reducir o seu traxecto entre os municipios de O Pino e Arzúa.
Sen embargo, hai esperanza, ou queremos pensar que existe. Bugallo indicou onte que a pesar dos retrasos que vai sufrir a autovía, está descartado que se vaia a rescindir o contrato coa empresa adxudicataria das obras, Dragados. Hai que resaltar que se se dese a situación de rescindir o contrato, a autovía si estaría totalmente en "stand by" xa que podería tardar varios anos en salir a licitación.
Con respeto ao tramo -de por si polémico- entre Arzúa e Melide tamén estará afectado por estas reduccións e atrasos. Un dos últimos retrasos que sufría este último tramo relacionabase con un informe da Dirección Xeral de Conservación da Natureza sobre a viabilidade da construcción da autovía polo seu paso polo LIC Serra do Careón, que está pendente de envío de datos por parte do Ministerio de Fomento.
É unha mágoa que por culpa de un goberno central ineficaz na xestión dos orzamentos públicos os galeg@s voltemos a pagar coas nosas infraestructuras que nos pertenzen por dereito.

sábado, 3 de julio de 2010

BellónMaceiras Quintento en Melide

Dentro dos actos programados polo Xacobeo 2010, este sábado,3 de xullo, BellónMaceiras Quinteto ofrecerá un concerto en Melide. A actuación, que é gratuíta, terá lugar no Cantón de San Roque a partir das 11 da noite, polo que nin sequera os seareiros terán escusas, xa que poden estar tranquilos e ver o España-Paraguai previamente.
Os asistentes ao concerto poderán gozar das mellores versións do quinteto actual,formado ademais de por o dúo inicial Daniel Bellón e Diego Maceiras por Miguel Lama, Cabe e Juan Tinaquero.
Por suposto, tamén poderán escoitar algún dos temas do seu novo disco publicado en abril deste mesmo ano "Folk Fusión", como é o "Tango pour Claude".

As piscinas de Furelos seguen pechadas

  • A voceira do PP asegura que os accesos á piscina están intransitables ó atoparse en terra pola falta de previsión á hora de acondicionar a entrada.


  • O PP insta a alcaldesa a arranxar os problemas existentes nas piscinas e obter os permisos necesarios para abrir canto antes as instalacións.

    A Voceira do Partido Popular de Melide, Ánxeles Vázquez ven de pedirlle explicacións á alcaldesa por estar pechadas as piscinas descubertas do río Furelos a pesares de anuncios reiterados por parte de Socorro Cea da súa apertura o día 1 de xullo. A voceira popular lamenta tamén que despois de que se fixeran obras nunha das piscinas xa se rexistren fugas de auga o que supón un escándalo. Dende o PP de Melide aseguran non entender tal situación xa que os accesos están en terra o que vai provocar que a auga estea continuamente sucia nos vasos, porque o céspede sembrado nos arredores inda non creceu.

    A voceira popular afirma que unha vez mais a falta de previsión fixo que se realizaran unhas obras, días antes de ter que abrir as piscinas, o cal provoca unha situación incómoda para os usuarios das mesmas e da área recreativa .

    Ademais de todo isto, Anxeles Vázquez solicitoulle por escrito unha explicación á alcaldesa despois de que esta acusara recentemente ó anterior Goberno Local do PP de abrir as piscinas sen cumprir coa lexislación vixente, feito que indignou ós populares “xa que non se pode desacreditar e menos mentir”. Por iso o PP esíxelle á alcaldesa que presente os informes anuais de Sanidade de apertura e por suposto tamén os deste ano para que todo o mundo poida comprobar se en algún momento o anterior Goberno Local do PP abriu as piscinas sen os permisos necesarios, “porque non se poden facer acusacións sen probas, especialmente cando agora, como alcaldesa, está incumprindo os seus propios compromisos, e ten as piscinas sen o acondicionamento necesario”. O PP insta ó Bipartito a deixarse de enredar e a arranxar os problemas existentes para obter os permisos precisos para abrir canto antes as piscinas, xa que os melidenses teñen dereito a disfrutar da área recreativa de Furelos e non trasladarse para poder bañarse en áreas recreativas deste tipo colindantes.

viernes, 2 de julio de 2010

O PP de Melide subliña o compromiso da Xunta de Galicia co polígono industrial de A Madanela

  • Vázquez anuncia que a Xunta concederá a subvención para a depuradora, sempre e cando a documentación que presente o Concello cumpra os requisitos necesarios
Melide, 1 de xullo de 2010. A Voceira do Partido Popular de Melide, Ánxeles Vázquez, tras manter unha xuntanza co Delegado Territorial da Xunta de Galicia na provincia, Diego Calvo, amosa a súa satisfacción polo compromiso e vontade do goberno autonómico coa depuradora do Polígono Industrial de A Madanela, así coma tamén cos empresarios, co fin de rematar coa situación de incerteza na que se atopan. Por todo eso, Vázquez traslada que dende a Xunta de Galicia “se poñerá todo o empeño para que a depuradora sexa unha realidade, polo que estarán pendentes de tódalas tramitacións e pasos a dar”.

Neste senso, a representante popular anuncia o compromiso do Goberno Galego en concede-la subvención para a depuradora, “sempre e cando a documentación estea ben presentada e cumpra coa legalidade”. A voceira popular adianta, ademais, que en breve a Consellería de Industria terá que publicar a relación de Concellos ós cales se lles conceden axudas para polígonos industriais e está convencida, e así llo pregou no nome dos empresarios ó delegado territorial, que Melide sexa un dos beneficiados.

O motivo da reunión entre a Portavoz Popular e o representante autonómico foi coñece-las situación actual na que se atopa o proceso de axudas que, durante este ano, publicou a Xunta para as EDAR e analizar o caso concreto de Melide, “despois de que a vila se quedara sen depuradora debido a incompetencia do actual goberno local”. Tal e como recorda Vázquez, este feito foi o que levou ó Partido Popular a presentar unha denuncia ante o xulgado, xa que tras interpelar en reiteradas ocasións á rexedora, Socorro Cea, a través de varias iniciativas presentadas no pleno e de solicitar unha sesión plenaria extraordinaria, con fin de poñer luz e taquígrafos, “o equipo de goberno endexamais contestou”. “O PP cumpriu dende sempre a súa palabra de velar polos intereses do municipio –engadiu. De aí que, dende un principio, distinguíramos as irregularidades cometidas por Cea coas necesidades que teñen o polígono e ós empresarios”.