
Este cambio de envergadura implica novas caras na directiva de ASETEM e no equipo directivo presidido por Sonia Valiño. Rosa Cabado ocupará o cargo de contador e Secundino Rodríguez de vogal. Ademáis, Rosa Cabado porase o frente da comisión de comercio que se vai crear para xestionar os servizos e as actividades do que dende agora é o único centro comercial aberto de Melide.
Con esta fusión tanto os propios socios como Melide como pobo e consumidores que somos se beneficia, xa que a eficacia de xestión e as axudas específicas para este tipo de iniciativas non poderían ser acadadas por cada unha das asociación independentemente. Sen embargo, non queremos deixar de recoñecer o grande papel que neste proceso tivo a directora xeral de Comercio da Xunta, Nava Castro, que na noite do venres volveu a recordar o seu compromiso para con Melide e co seu comercio.
No hay comentarios:
Publicar un comentario