viernes, 5 de noviembre de 2010

Os orzamentos Xerais do Estado de 2011 sen partida para A-54







Melide, exemplo de política desastrosa do bipartito BNG-PSOE

As palabras de Guillerme Vázquez líder do BNG sobre a alternativa de goberno que presenta o seu partido nos concellos de Galicia non teñen desperdicio. É ben sabido, que un alto porcentaxe dos municipios galegos gobernan gracias a pactos co PSOE. É ao seu socio ao que lle adica as píldoras de efectuar "políticas de dereitas" xunto co PP.
As políticas económicas que se están levando a cabo en Melide lonxe de ser catastróficas, son o seguinte. O concello adebeda 300.000 € a suministradores de enerxía eléctrica, 56.000 € en importe de facturas a empresas de servizos... entre outros pufos económicos e outras débedas que non se recoñecen. Ademais, as taxas municipais elevarónse nos anos do bipartito, ata rozar incogruencias como esquecer facturas o IBI durante o 2009, causando un prexuízo para os melidenses ao ter que abonar o importe de dúas facturas durante o 2010.
A Xunta de Feijoo caracterízase por un modelo económico de axuste e austeridade para superar os tempos de crise provocados en gran medida polos derroches do goberno Zapatero.
Os concellos deben contribuír ao benestar cidadá, non crebar as arcas públicas ata o punto de deixar a Melide nunha situación de pago de facturas de bens e servizos no 2010 no 2018 e 2022.

David Cal o medallista galego nos Xogos Olímpicos de Atenas e Pekín, ficha polo PP




O Concello de Melide reacio a renovar a súa RPT


El empleo, la movilidad y los servicios sociales eje central del programa electoral de PP de la comarca de santiago