viernes, 28 de enero de 2011

LAVADO DE CARA A LOS VESTUARIOS DEL CAMPO DE FÚTBOL MUNICIPAL

Meses después de la “super reforma” de los vestuarios del campo de fútbol de Melide éstos presentan el aspecto previsto antes del inicio de las obras. Dado el comienzo de las mismas, el final no podía ser otro: alicatados levantados, humedades descomunales, que son fruto de un intento de maquillar las deficiencias de partida de las estancias deportivas. El gobierno municipal en un intento de exculparse de sus responsabilidades pasa la pelota a los deportistas que utilizan las instalaciones culpando a éstos de todos los desperfectos de los vestuarios.
Los técnicos municipales, en su amplia sabiduría, no han sabido subsanar o no han querido llevar a cabo una obra en condiciones para solucionar el problema de manera definitiva, ya que la reforma de las instalaciones no ha sido ni de lejos la acertada.
La conclusión que podemos sacar después de ver los resultados de la reforma es que lo que se pretende desde el consistorio municipal es camuflar el problema de base y no cortarlo de raíz. En vez de enterrar dinero de los melidenses en reformas de instalaciones viejas y desfasadas, lo que deberían hacer es invertirlo en la construcción de unos vestuarios a la altura del deporte melidense dónde el musgo no sea el principal usuario.
Con estos antecedentes, ¿Qué imagen se van a llevar los equipos visitantes del municipio de Melide?

Que lles interesa realmente, a xuventude ou o seu voto?

Novas Xeracións de Melide pregúntase cal é a principal preocupación dos gobernantes do noso pobo respecto a este tema. Non podemos entender as feroces críticas á despreocupación pola xuventude e a eliminación das partidas presupuestarias adicadas pola Xunta ao Noitebús cando a alcaldesa de Melide, Socorro Cea, tivo na súa man a posibilidade de xerar trinta postos de traballo para xovenes melidenses e desaproveitouna por incompetencia súa e do seu equipo de goberno, ou eso queremos pensar, porque sería aínda mais grave que fose por simple desinterese pola xuventude do pobo.
Estes postos de traballo viñan a Melide a través dun obradoiro de emprego que para obtelo simplemente tiñan que enviar dende o concello una sinxela documentación, que os nosos gobernantes non fixeron chegar a tempo o seu destino. E poderedes pensar que non, que era difícil traer ese obradoiro a Melide, pero dende o noso grupo damosvos un dato, todos os pobos do noso arredor (Santiso, Toques, Curtis, Boimorto…)agora están a disfrutar del, e Melide sendo cabeceira de comarca non o ten..., pensamos que con iso se di todo.
Se xa esto de por si e moi grave, aínda e peor se nos situamos no momento que estamos a atravesar en relación o tema do emprego e pensamos que durante os tres anos de mandato do bipartito o paro en Melide aumentou nun 40%. Era o momento de desaproveitar trinta postos de traballo durante doce meses, para uns xóvenes que cobrarían 1.000 € mensuais?
E si, agora Socorro Cea diranos que ela se preocupa pola xuventude, que se o noitebús, que si a festa, que si patatín, que si patatán. Pois ben, nos pensamos que o noitebús é algo bo e necesario, pero dende o goberno da Xunta era insostible, e optouse por desviar esas partidas cara cousas mais básicas. Porque si, como decimos o Noitebús era un gran servizo, pero non suvbencionado a través de presupostos públicos, senón que como se fai noutras comunidades Autónomas de España ten que ser financiado mediante outras formulas, ou incluso de ter suficientes usuarios, ser autofianciable, que sería o desexable para todos. Dende o goberno autonómico tentouse dar o primeiro e mais forte impulso a este proxecto e para corroborarvos isto damosvos un dato. En Melide o concello fixo una aportación de 1.000 € e a Xunta de Galicia de 140.000 €.
Hai algunhas liñas nas que os usuarios eran mínimos e que o autobús había que págalo igual, e según datos reais o custo de traer alguna persoa de festa a Melide era de case 18€, e por encima moitos deles viñan cóa súa bebida para facer botellón aquí e logo irse de festa, o cal non supón beneficio ningún para a hostalaría Melidense.
E dito isto, e pensando un pouco en que datas estamos, a apenas uns meses das elección municipais, volvemos a pregunta coa que abríamos este artigo. Interesalles realmente a situación da xuventude de Melide, as súas condicións laboráis, o seu benestar, en definitiva, o seu presente e futuro, ou que lles preocupa e gañar o seú voto pola vía facíl? Nos persoalmente pensamos que a segunda opción, pero sentimolo moito Sra Socorro, a xuventude de Melide, non se deixa enganar con catro criticas, e se vostede pensa o contrario, simplemente ten que agardar para comprobar a resposta……., si, e non terá que agardar moito, soamente ata o 22 de Maio.

Noticias sobre a depuradora

O PP informa de que a policía xudicial fixo en Melide as investigacións derivadas da denuncia interposta sobre a depuradora do polígono industrial

A Policía Xudicial remitiu un informe ó xulgado no que se especifica que “non se observa ningún tipo de obras nin de movementos de terras”
• Vázquez dá a coñecer que os membros da Xunta de Goberno Local deberán declarar como imputados por certificar unha depuradora que nunca se chegou a comezar
• A representante popular insta á actual alcaldesa a que dea a cara e asuma tódalas irregularidades cometidas na EDAR

Melide, 20 de xaneiro de 2011. A voceira do Partido Popular de Melide, Ánxeles Vázquez, acompañada polo letrado Esteban Rico, que se ocupa do caso da depuradora do polígono industrial de A Madanela, informou dos pasos que por parte da xustiza se están levando a cabo despois da querela interposta en maio de 2010, tras coñecerse que Socorro Cea, por decreto e posteriormente na xunta de Goberno Local, certificara a finalización da depuradora por un de 437.000 euros sen que as obras se comezaran.

A representante popular informou de que a Policía Xudicial xa fixo as súas investigacións mediante reportaxe fotográfica e comprobación sobre o terreo, incluíndo nun informe remitido ó xulgado que “non se observa ningún tipo de obras nin de movementos de terras, así coma tampouco a existencia de ningún cartel”. Vázquez informa ademais de que os membros da xunta de Goberno Local deberán declarar en calidade de imputados, á vista de todo o actuado no procedemento. Os populares lamentan que, a pesares de ter interposta a denuncia, no informe de intervención, dado a coñecer no mes de decembro de 2010, é dicir, oito meses despois de ter interposta a querela; constaban 1.154 facturas sen recoñecer figuraban unha serie de facturas aprobadas e con orde de pago das obras da depuradora, que a día de hoxe nin sequera está comezada.

Por todo iso e tal e como subliñou Vázquez, o equipo de goberno e en concreto a actual rexedora, Socorro Cea, terá que dar explicacións de inmediato de todo o acontecido. “Xa non queda dúbida de que Cea é a actriz protagonista das irregularidades cometidas na EDAR de Madanela”, insistiu. Por iso, ínstaa a que dea a cara dunha vez por todas, deixe de mentir ós melidenses e “asuma a culpa e a responsabilidade de tódalas chapuzas que se cometeron coa depuradora”.


CRONOLOXÍA DOS FEITOS
Tal e como recordaron, o 27 de maio do ano pasado (2010) tivo entrada no rexistro do Xulgado de Arzúa unha querela contra cinco integrantes da Xunta de Goberno Local de Melide coa alcaldesa á cabeza, que posteriormente foi admitida a trámite. “Os presuntos delictos que foron postos en coñecemento da Xustiza son un delicto de prevaricación, un delicto de fraude á administración autonómica, e un delicto de falsificación de certificado”, explicou o letrado.

Na propia querela solicitábanse unha serie de dilixencias de investigación que foron levadas a cabo polo Xulgado de Instrucción. “Creemos no principio constitucional de presunción de inocencia, así coma nas garantías procesuais, por iso sempre falaremos en termos de presunción e indicios de delicto, porque, como é evidente, non hai delicto sen condena por sentencia firme”, engadiu.

A voceira popular aproveitou para facer unha cronoloxía dos feitos acontecidos ata o momento, co fin de por en evidencia a absoluta responsabilidade de Cea en todo o sucedido:

• No ano 2007, o Concello de Melide asina un Convenio de colaboración co IGVS (Instituto Galego de Vivenda e Solo) e a Consellería de Innovación e Industria para a “Mellora do subministro eléctrico e instalación dunha depuradora modular no parque empresarial de Melide”.
• Ó aveiro do devandito convenio, o Concello recibe unha subvención pública para a citada obra, que finalmente ten que reintegrar no ano 2009 ante a imposibilidade da execución das obras.
• No ano 2008, o Concello asina outro Convenio coa Consellería de Innovación e Industria para o “Proxecto de Instalación dunha Estación Depuradora compacta no parque industrial da Madanela”
• Procédese a dar cumprimento á tramitación administrativa correspondente para a adxudicación da obra, sendo finalmente concedida á UTE MACRAUT-ALDASA.
• A fin de cumprir cos termos asinados no convenio, o Concello, a través da actual alcaldesa, certifica a obra relativa á depuradora, figurando como colocados, instalados ou mesmo funcionando, a práctica totalidade dos elementos descritos.
• A UTE MACRAUT-ALDASA emite unha factura en decembro de 2009 na que se describe como “Obras realizadas por UTE EDAR Melide. Certificación Nº1 obra depuradora ampliación Polígono Melide” por importe de 437.354,41 euros.
• Intervención Municipal emite informe de reparo con efectos suspensivos para a aprobación da certificación do EDAR e a Factura “debido a que se omiten requisitos e trámites esenciais”.
• Decreto da Alcaldía. Levantamento do reparo e aprobación da certificación e a factura.
• Certificación por Secretaría do Concello da sesión celebrada a 30 decembro de 2009 pola Xunta de Goberno Local, na que se ratifica o Decreto de levantamento do reparo de intervención e se aproban a certificación e factura do EDAR por unanimidade dos cinco membros asistentes.
• En agosto de 2010, a Garda Civil, en funcións de Policía Xudicial, cumpre cun oficio encargado polo xulgado de Instrucción e realiza a reportaxe fotográfica da parcela destinada á EDAR, concluíndo que non se observa ningún tipo de obras nin de movementos de terras, así como tampouco a existencia de ningún cartel.
• Solicitada a declaración en calidade de imputados dos membros da Xunta de Goberno Local.

Documentación para proba de acceso FP

Resolucin Probas acceso Grao Medio e Superior 2011

domingo, 16 de enero de 2011

O PP denuncia que Melide perdeu o obradoiro de emprego porque o goberno local non enviou a documentación requirida pola Xunta de Galicia

  • Vázquez informa de que deste xeito perderase a oportunidade de darlle emprego a 30 persoas durante 12 meses
  • Durante o mandato municipal da actual rexedora, o municipio incrementou a súa taxa de paro un 40%

A voceira do Partido Popular de Melide, Ánxeles Vázquez, acompañada pola deputada autonómica, Paula Prado, ofreceu esta mañá unha rolda de prensa para denuncia-la perda do obradoiro de emprego ‘Repoboación forestal e tratamentos selvícolas na Serra do Bocelo’, debido a “nefasta xestión de Socorro Cea á hora de tramita-la concesión”. Neste senso, Vázquez informou de que o concello “se esqueceu de enviar documentación tan importante e “obvia” coma a memoria descritiva ou a aprobación da xunta de goberno local, polo que Melide non contará con obradoiro de emprego este ano. Tal e como destacou Vázquez, deste xeito o municipio perde a oportunidade de darlle emprego a 30 persoas, as cales recibirían máis de 1.000 euros, durante 12 meses.

“É inadmisible que a actual alcaldesa, durante o seu mandato municipal, non lograse nin un só taller de emprego para Melide. Esta é a gota que desborda o vaso da ineficacia de Cea”, subliñou a voceira popular. Para Vázquez, a negativa da rexedora a envia-la documentación solicitada pola Xunta de Galicia o 22 de xullo do pasado pon de manifesto a “súa falta de interese” por incentivar e adoptar medidas que fomenten o emprego en Melide. Vázquez puxo especial énfase en que nos últimos tres anos o paro incrementouse no municipio un 40% e lamentou que Cea non soubese aproveita-la oportunidade que lle brindaba a Xunta de Galicia en materia de emprego.

Do mesmo xeito, salientou que concellos como Toques, O Pino ou Curtis conten con talleres de emprego e Melide, non. “Esta é a diferencia entre os gobernos do Partido Popular que fomentan e potencian a creación de emprego nos seus municipios e os gobernos bipartito, esgotados e sen ideas que tan só pensan no seu benestar”, criticou Vázquez. Para Vázquez, Socorro Cea será recordada “coma a rexedora que se dedicou a facer beirarrúas con préstamos a longo prazo, polas que cada día transcorren máis parados”, sentenciou.

Pola súa banda, a deputada autonómica, en relación ás preguntas formuladas polo grupo parlamentario socialista á conselleira de Traballo e Benestar en relación á denegación de obradoiros de emprego, instou ó PSdeG melidense a que lle explique “aos seus propios compañeiros de partido” porque Melide non contará este ano cun taller de emprego.

martes, 11 de enero de 2011

Xuventude oferta á mocidade galega preto de 500 prazas para ir a esquiar a Andorra, León e Candanchú no primeiro trimestre de 2011

Por primeira vez este inverno porase en marcha ‘Xuventur Neve’, a través do que se ofertarán preto de 500 prazas subvencionadas para que os mozos e mozas podan ir a esquiar a León, Andorra ou Candanchú (Huesca).
‘Xuventur Neve’, dirixido a mozos e mozas de entre 18 e 35 anos, inclúe tres programas diferentes. O primeiro de eles desenvolverase en Leitariegos (León) ao longo de 9 fins de semana entre os meses de xaneiro e marzo. A estadía será de tres xornadas, nas que os participantes poderán practicar esquí e raquetas. O departamento autonómico ofertará nesta modalidade un total de 270 prazas.
O prezo por persoa será de 120 € para os posuidores do carné xove e de 160 € para o resto. A contía inclúe o transporte en autobús, aloxamento nun albergue en pensión completa, así como o material necesario para practicar os deportes. Os mozos e mozas terán dereito a un día de forfait e a un día de alugamento das raquetas ou do equipo completo, xa sexa para esquí carving ou para snowboard. Así mesmo, terán dereito a tres horas de clases de grupo, unha ruta guiada e unha visita de interese.
O segundo programa, no que se ofertarán 162 prazas, terá lugar en Vallnord (Andorra). Organizaranse tres quendas, dunha duración de cinco días cada unha delas, entre o 22 de xaneiro e o 12 de febreiro. Esta iniciativa terá un custe de 296 para os que dispoñan do carne xove e de 395 euros para o resto. Os servizos incluídos neste modalidade serán o transporte en autobús, o aloxamento nun hotel de tres estrelas en réxime de media pensión, así como o material necesario para esquiar e cinco días de clases e de forfait. Tamén se inclúe a comida en pista. Ademais, ofertaranse visitas opcionais a Caldea e ao Palacio de Xeo de Canillo.
O terceiro dos programas de ‘Xuventur Neve’ desenvolverase en Candanchú (Huesca) ao longo de cinco días. A Dirección Xeral de Xuventude ofertará 60 prazas, divididas en dúas quendas: a primeira será do 20 ao 25 de febreiro e a segunda do 27 de febreiro ao 3 de marzo.
O prezo para esta iniciativa será de 352 euros para os posuidores do carné xove e de 470 euros para os que non teñan este documento. Neste caso, o prezo inclúe o desprazamento en avión desde A Coruña e o aloxamento nun hotel de dúas estrelas en réxime de media pensión. Tamén está contemplado o aluguer do equipamento, así como 5 días de forfait e dúas horas de clase diarias.
O prazo para anotarse a esta iniciativa abrirase o próximo 7 de xaneiro ás nove da mañá. As prazas adxudicaranse por rigorosa orde de chegada das solicitudes e asignaranse ata esgotar todas as prazas dispoñibles por programa.
Para mais información: XUVENTUR NEVE

A segunda convocatoria para participar nas becas Leonardo do programa MoGal está aberta ata o 22 de xaneiro

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado abre hoxe o prazo para solicitar a participación no proceso selectivo da segunda convocatoria para as bolsas Leonardo da Vinci, dentro do proxecto autonómico MoGal (Mobilidade Galega). O período para a solicitude de participación está aberto ata o 22 de xaneiro.
O proxecto MoGal, que se leva a cabo durante a totalidade de 2011 en catro convocatorias, permitirá que un total de 187 mozos e mozas galegos realicen prácticas laborais en empresas de Italia, Francia, Irlanda e Holanda.
O obxectivo do programa Leonardo é facilitar a integración dos participantes dentro do mercado laboral europeo, mediante a oferta de estadías formativas en empresas e organizacións de 12 semanas de duración.
Poden participar mozos e mozas de entre 18 e 30 anos de idade que teñan realizado estudos universitarios ou de Formación Profesional relacionados cos sectores do moble e madeira, restauración, turismo, imaxe, informática, deseño, electricidade ou mecánica.
Con esta iniciativa preténdese que os participantes cheguen a conseguir coñecementos e competencias útiles para o seu desenvolvemento profesional, ao tempo que se adquire unha mellor competencia lingüística no idioma do país de destino.
Nesta segunda convocatoria ofértanse un total de 48 bolsas, 4 para empresas de Holanda,11 para Irlanda,15 para Francia,10 para Italia e 8 para República Checa.
O período de estancia será de 12 semanas, desde finais de abril ata mediados de xullo. As bolsas cobren gastos de aloxamento, curso de preparación lingüística, seguro de responsabilidade civil, viaxe a custo real ata un máximo de 200 euros e parte da manutención.
Deben enviarse os documentos debidamente cumprimentados (fai clik para abrir cada un deles): o Currículo no modelo europeo oficial cuberto no idioma do país de destino que se solicita en primeiro lugar e a solicitude debidamente cumprimentada. Non se admiten escritos manualmente.
Para atopar máis información sobre as características do programa pódese consultar a dirección http://xuventude.xunta.es/programas-eu.html ou no tfno 881 999 567

A Deputación emite un informe no que avisa de importantes desaxustes económicos no concello de Melide


  • Considera que a operación de endebedamento levada a cabo polo goberno local “non é satisfactoria”, xa que o concello segue mantendo un déficit importante


  • Ánxeles Vázquez insta a Cea a que deixe de oculta-la verdadeira situación e leve a cabo a auditoría económica

A voceira do Partido Popular de Melide, Ánxeles Vázquez, acusa á actual rexedora de maquilla-las contas e de oculta-la verdadeira situación económica na que se atopa o concello a día de hoxe. Neste senso, a representante popular informa de que, tras ter acceso ó informe económico – financeiro realizado pola Deputación Provincial e no cal se explica a evolución económica do concello dende o ano 2006 ata o 2009, a débeda que o concello ten coas entidades bancarias incrementouse, neste período, un 100%, pasando de 1,2 millóns de euros a 2,4 millóns; multiplicándose, ademais, as facturas sen recoñecer por catro, pasando de 489.708 euros no ano 2006 a 1.611.065 euros no 2009. “Un informe co que a Deputación lle dá un toque de atención o goberno local e cualifica a súa xestión de suspenso rotundo”, destaca Vázquez. Asemade, a Deputación considera que a operación de endebedamento levada a cabo polo goberno local “non é satisfactoria”, xa que o concello segue mantendo un déficit importante.