martes, 11 de enero de 2011

A Deputación emite un informe no que avisa de importantes desaxustes económicos no concello de Melide


  • Considera que a operación de endebedamento levada a cabo polo goberno local “non é satisfactoria”, xa que o concello segue mantendo un déficit importante


  • Ánxeles Vázquez insta a Cea a que deixe de oculta-la verdadeira situación e leve a cabo a auditoría económica

A voceira do Partido Popular de Melide, Ánxeles Vázquez, acusa á actual rexedora de maquilla-las contas e de oculta-la verdadeira situación económica na que se atopa o concello a día de hoxe. Neste senso, a representante popular informa de que, tras ter acceso ó informe económico – financeiro realizado pola Deputación Provincial e no cal se explica a evolución económica do concello dende o ano 2006 ata o 2009, a débeda que o concello ten coas entidades bancarias incrementouse, neste período, un 100%, pasando de 1,2 millóns de euros a 2,4 millóns; multiplicándose, ademais, as facturas sen recoñecer por catro, pasando de 489.708 euros no ano 2006 a 1.611.065 euros no 2009. “Un informe co que a Deputación lle dá un toque de atención o goberno local e cualifica a súa xestión de suspenso rotundo”, destaca Vázquez. Asemade, a Deputación considera que a operación de endebedamento levada a cabo polo goberno local “non é satisfactoria”, xa que o concello segue mantendo un déficit importante.

No hay comentarios:

Publicar un comentario