sábado, 28 de agosto de 2010

Un San Roque 2010 caro e sen relevancia


  • Novas Xeracións de Melide amosa a preocupación pola perda de relevancia das festas máis importantes da vila.

  • O San Roque 2010 a pesares de manter a súa duración temporal nunha semana como ven sendo tradición, nada ten que ver coa sona que anteriormente tales festas daban a Melide.

A semana grande de Melide viuse reducida a unha sucesión de actuacións de limitado público xa que non se programou ninguha actuación de relevancia para a xuventude como ven sendo habitual en todos os pobos de certa relevancia como é o caso de Melide-a pesares de que as cifras oficiais aproximanse a 150.000 € como custo total das festas. Vilas limítrofes aínda contando coa repercusión que nos orzamentos municipais está a ter a crise, contaron e contan este ano con actuacións de sona para que todos os públicos poidan disfrutar de ocio e o nome de Melide siga a ser un punto de encontro para a xuventude que durante o verán permanece na vila.
Novas Xeracións esíxelle ao goberno municipal encabezado pola nacionalista Socorro Cea que os festexos se organicen con unha previsión orzamentaria anual e con certa variedade de actos contando con opcións para todos os públicos, e entre eles a xuventude, para poder disfrutar de concertos e que tanto o ocio como as repercusións económicas que ditas atraccións e concertos poidan atraer sexan obxecto de beneficio para a nosa vila.
Non hai que deixar de recordar que a crise non pode ser apuntada como culpable nin como escusa dun programa de festas pobre e pouco variado, xa que o descoñecemento sobre as festas foi unha inquedanza que o Partido Popular Melidense amosou ao goberno municipal en varias ocasións non obtendo resposta, de aí que a falta de previsión na organización e contratación dos espectáculos roza o escándalo. Ao escurantismo organizativo do goberno bipartito hai que sumarlle un feito que non deixa de levantar ampolas que non é outro que a Orquestra Sinfónica de Melide máis a Banda do pobo non participaron na cartelería das festas de onde son autóctonas estas dúas organizacións artísticas o que di moito do que Melide significa para o goberno bipartito ao non apoiar dende a administración municipal a riqueza cultural e artística da que disfruta o noso pobo.
Novas Xeracións non pode deixar de recalcar que o despilfarro de cartos públicos está a afectar en todos os eidos a vida política melidense xa que o San Roque sufriu un declive importante. Cartos que se podían destinar a organizar actividades de diferente índole foron destinados ao acondicionamento de unha finca privada -da que se descoñece o seu custo real- para que as atraccións e diversos feirantes puideran acomodarse no centro da vila xa que o espazo anteriormente utilizado para tal fin foi ocupado por unhas pistas de pádel ubicadas nunha área de todo inadecuada. A esta falla de espazo súmaselle a incomodidade das familias á hora de acceder aos diversos postos feirantes e de atraccións infantís vendose en algúns casos obrigados a atravesar a rúa de Galicia, de todos coñecida por ser o epicentro da movida melidense.
Os melidenses non teñen porque pagar pola irresponsabilidade dun goberno municipal incompetente e falto de previsión xa que o San Roque publicita o nome de Melide como centro neurálxico de Galicia pola xeografía española e europea.



lunes, 23 de agosto de 2010

O PP de Melide insiste á alcaldesa Socorro Cea para que se preocupe pola construción da estrada provincial CP 4603 (Melide-Visantoña)


O PP de Melide informa que o Concello terá que devolver ó Estado 124.000 euros, pertencentes á liquidación de 2008

· A representante popular denuncia que Cea ocultase dita información ós melidenses

· Vázquez lamenta que feitos deste tipo, que prexudican ós melidenses, non se fagan públicos

Melide, 19 de agosto de 2010. A Voceira do Partido Popular de Melide, Ánxeles Vázquez, amosa a súa preocupación ante a noticia de que o Concello terá que devolverlle ó Estado 124.000 euros, pertencentes á liquidación de 2008, tal e como sae publicado no Boletín Oficial do Estado (BOE), debido a que recibiu do Goberno Central dita partida, superior á que lle correspondía, para o exercicio de 2008.

A representante popular denuncia unha vez máis o escurantismo de Cea ó ocultar dita información, que se puxo de manifesto no último pleno celebrado, onde a rexedora se negou a contestar a pregunta dos populares referida a en qué momento o concello devolverá dita cantidade. Do mesmo xeito, Vázquez lamenta que Cea non se posicione en contra da decisión do Goberno Central, tal e como fixeron a marioría dos concellos.

sábado, 14 de agosto de 2010

O PP está satisfeito polo apoio da Xunta de Galicia á Orquesta Sinfónica de Melide

  • A representante popular afirma que son moitos os melidenses que ansían ver a Orquestra Sinfónica de Melide co espectáculo Antoloxía da Zarzuela o día 14 de agosto en Palas.
  • Anxeles Vázquez lamenta que por decisións políticas os melidenses teñan que trasladarse ó Concello veciño de Palas para ver a Orquestra xa que está un ano mais non actuará en Melide.

    Melide,13 de agosto de 2010. A Voceira do Partido Popular de Melide, Ánxeles Vázquez, mostrou a sua satisfación polo apoio que a Xunta de Galicia a través da Consellería de Cultura se lle está dando á Orquestra Sinfónica de Melide.
    A representante popular afirma que son moitos os melidenses e visitantes que irán ver o espectáculo Antoloxía da Zarzuela o día 14 de agosto a Palas de Rei, un espectáculo na que estarán en escea mais de 100 persoas e que sen dúbida fará as delicias de moitos visitantes e peregrinos.
    Dende o PP de Melide lamentan que un ano mais nin a Orquestra nin a Banda de Melide participan na cartelería de festas e por iso os melidenses se terán que desprazar ó Concello veciño de Palas de Rei.
    Anxeles Vázquez asegura que dende a entrada do bipartito no goberno gástase mais no conservatorio sólo que antes co conservatorio a Orquestra e a Banda tildando este feito de despilfarro.
    Dende o PP pídenlle a Socorro Cea que deixe de destruír e opte por promocionar a Melide a través de espectáculos como o da Orquestra que dan imaxe e prestixio ó pobo e non goberne dende o odio intentando destruir o que tanto custou que saira adiante.
    A representante popular asegura que varios melidenses decidiron contratar un autobús para que todos aqueles que o desexen vexan o espectáculo de música, luz e son no Concello veciño o día 14 en Palas.

miércoles, 11 de agosto de 2010

A autovía Santiago Lugo en "stand by"

Sobrados son os comentarios, noticias, tertulias radiofónicas e televisivas sobre a sonada crise financiera e económica que ata fai ben pouco o goberno socialista de España non recoñecía. O sonado Plan E que tantas farolas, beirarrúas e infraestructuras locais lles deu a gobernos locais irresponsables como é o caso do noso durante un período de tempo breve xa non é dabondo, xa nos soluciona aquelo que pretendía facer inevitable: as arcas públicas están baleiras.

E non é dabondo porque unha vez máis Galicia e as infraestructuras do interior da nosa comunidade vanse ver afectadas polos recortes, que agora sí, parece ser que existen e son necesarios e imprescindibles, para que España se libre de ser unha futura Grecia.

Pero imos ao grano, as evidencias son claras. A pesares das promesas do goberno de España coa débeda contraída con Galicia e os honores rendidos polos nosos rexidores ao ministro de Fomento o Sr. Pepe Blanco -fillo adoptivo de Melide-o certo é que obras da A-54 fai máis de 15 días que están paralizadas en Vilamoure e o único tramo que funciona a pleno rendemento é o que comprende dende Guntín a Palas de Rei. O recorte que tivo que sofrer a autovía foi dende os 17 millóns de euros a 2,8 millóns polo que é comprensivo que as empresas adxudicatarias se visen advocadas a despedir aos traballadores, agravando o drama económico co paro a moitas familias galegas.

O Plan E foi unha cortina de fume para non recoñecer o inevitable. Pero Sr. Zapatero e fillo adoptivo ministro de Fomento, que vai vir agora: o F, G, H, I......??? Teremos que inventar outro abecedario? Os galeg@s teñen dereito a infraestructuras do transporte competitivas e non pagar por xestións políticas irresponsables e a deriva.

Europa ao alcance da man: Programa Xuventude no Mundo


A Xunta desenvolverá por primeira vez este ano o Programa Galego de Mobilidade: Xuventude no Mundo, que se desenvolverá en 7 países diferentes. O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, presentou esta iniciativa novidosa, un programa de intercambios xuvenís, que se levará a cabo entre finais de agosto e o mes de outubro.
O programa, que vai destinado a mozos e mozas galegos que teñan entre 18 e 30 anos, permite aos seus participantes coñecer ao longo dunha semana o país elixido e os seus medios de vida, diferentes aos que habitualmente están acostumados. Os países que se ofertan son Italia, Francia, Grecia, Hungría, Romanía, Bulgaria e Portugal. En total, son nove programas a elixir en sete países. As prazas suman nesta edición 119. Animádevos a participar, e aproveitade as oportunidades. A continuación deixamos a programación e os formularios.


Xuventude No Mundo

sábado, 7 de agosto de 2010

O PP de Melide acusa a Cea de leva-lo Concello á bancarrota, ó ter unha débeda de 5 millóns de euros

  • Lamenta a pésima situación económica do Concello de Melide, despois de ser presentada a conta xeral do ano 2009 da cal se desprende que a débeda chega ós 5 millóns de €
  • A representante popular afirma que a débeda a longo prazo se incrementou en 2 anos un 100%, alcanzando os 2,5 millóns de euros
  • Vázquez esíxelle ó equipo de goberno sentido común, co fin de facer fronte á actual situación de crise

A representante popular lamenta que Cea non quixera entrar no debate da Conta Xeral, intentando que este trámite pasara desapercibido

A Voceira do Partido Popular de Melide, Ánxeles Vázquez, denuncia a crítica situación económica na que está sumido o Concello, debido á pésima xestión dos tres últimos anos de goberno bipartito, alcanzando unha débeda de 5 millóns de euros, tal e como se desprende da Conta Xeral de 2009 presentada en pleno esta mesma semana. Neste senso, a representante destaca que “o tempo volve a dá-la razón ó PP, xa que as súas reiteradas denuncias sobre o estado lamentable das contas do Concello e da nefasta xestión da actual rexedora coinciden cos datos que se deron a coñece-lo pasado xoves”.

Dende o Grupo Popular afirman que a débeda a longo prazo se incrementou un 100%, pasando a 2,5 millóns de euros e que o Concello está hipotecado de cara o futuro, o cal vai supoñer que a partir deste ano a situación de Melide vai ser crítica para afrontar o pago dos préstamos bancarios, préstamos que nalgún dos casos se destinaron a paga-las nóminas ou as facturas da luz e teléfono, o que suporá, tal e como indica Vázquez, que “os melidenses dentro de 6 anos estarán pagando nóminas de empregados do ano 2009”.

A voceira popular fai fincapé no importe en facturas sen recoñecer, dato que se desprende do informe de intervención e que ascende a máis de 1,6 millón de euros, así como as obrigas pendentes de pago que ascenden a 1,5 millóns. Vázquez lamenta que o actual goberno local se dedique, en lugar de facer fronte a situación, a maquilla-lo número real de facturas e a non recoñecelas, co único fin de que os resultados sexan positivos de portas para fóra do Concello. Do mesmo xeito, a representante popular denuncia a falta de transparencia e a actitude escurantista de Cea, xa que en dito pleno municipal, non quixo defende-la Conta Xeral, con fin de que pasara desapercibida.

Por todo isto, os populares instan a Cea a que camiñe pola senda do sentido común, “porque de seguir levando a cabo a mesma xestión nefasta, o Concello non terá nin para paga-las nóminas dos seus empregados”, sentencia Vázquez.