sábado, 28 de agosto de 2010

Un San Roque 2010 caro e sen relevancia


  • Novas Xeracións de Melide amosa a preocupación pola perda de relevancia das festas máis importantes da vila.

  • O San Roque 2010 a pesares de manter a súa duración temporal nunha semana como ven sendo tradición, nada ten que ver coa sona que anteriormente tales festas daban a Melide.

A semana grande de Melide viuse reducida a unha sucesión de actuacións de limitado público xa que non se programou ninguha actuación de relevancia para a xuventude como ven sendo habitual en todos os pobos de certa relevancia como é o caso de Melide-a pesares de que as cifras oficiais aproximanse a 150.000 € como custo total das festas. Vilas limítrofes aínda contando coa repercusión que nos orzamentos municipais está a ter a crise, contaron e contan este ano con actuacións de sona para que todos os públicos poidan disfrutar de ocio e o nome de Melide siga a ser un punto de encontro para a xuventude que durante o verán permanece na vila.
Novas Xeracións esíxelle ao goberno municipal encabezado pola nacionalista Socorro Cea que os festexos se organicen con unha previsión orzamentaria anual e con certa variedade de actos contando con opcións para todos os públicos, e entre eles a xuventude, para poder disfrutar de concertos e que tanto o ocio como as repercusións económicas que ditas atraccións e concertos poidan atraer sexan obxecto de beneficio para a nosa vila.
Non hai que deixar de recordar que a crise non pode ser apuntada como culpable nin como escusa dun programa de festas pobre e pouco variado, xa que o descoñecemento sobre as festas foi unha inquedanza que o Partido Popular Melidense amosou ao goberno municipal en varias ocasións non obtendo resposta, de aí que a falta de previsión na organización e contratación dos espectáculos roza o escándalo. Ao escurantismo organizativo do goberno bipartito hai que sumarlle un feito que non deixa de levantar ampolas que non é outro que a Orquestra Sinfónica de Melide máis a Banda do pobo non participaron na cartelería das festas de onde son autóctonas estas dúas organizacións artísticas o que di moito do que Melide significa para o goberno bipartito ao non apoiar dende a administración municipal a riqueza cultural e artística da que disfruta o noso pobo.
Novas Xeracións non pode deixar de recalcar que o despilfarro de cartos públicos está a afectar en todos os eidos a vida política melidense xa que o San Roque sufriu un declive importante. Cartos que se podían destinar a organizar actividades de diferente índole foron destinados ao acondicionamento de unha finca privada -da que se descoñece o seu custo real- para que as atraccións e diversos feirantes puideran acomodarse no centro da vila xa que o espazo anteriormente utilizado para tal fin foi ocupado por unhas pistas de pádel ubicadas nunha área de todo inadecuada. A esta falla de espazo súmaselle a incomodidade das familias á hora de acceder aos diversos postos feirantes e de atraccións infantís vendose en algúns casos obrigados a atravesar a rúa de Galicia, de todos coñecida por ser o epicentro da movida melidense.
Os melidenses non teñen porque pagar pola irresponsabilidade dun goberno municipal incompetente e falto de previsión xa que o San Roque publicita o nome de Melide como centro neurálxico de Galicia pola xeografía española e europea.



No hay comentarios:

Publicar un comentario