miércoles, 8 de septiembre de 2010

O PP de Melide informa de que Cea solicitará un préstamo por importe de 352.000 euros a un mes escaso de aproba-los Orzamentos de 2010

  • A representante esíxelle á actual alcaldesa unha explicación pública dos motivos reais da solicitude de dito préstamo
  • Vázquez informa de que no informe de intervención se especifica que o préstamo non é para novas inversións xa que o gasto está realizado e as facturas rexistradas no Concello

A Voceira do Partido Popular de Melide, Ánxeles Vázquez, informa de que, a un mes escaso de que o Goberno Local aprobara os Orzamentos de 2010, a rexedora nacionalista, Socorro Cea, anuncia que solicitará un novo préstamo a longo prazo, que ascende a 352.000 euros. A representante popular considera inadmisible a actitude de Cea e subliña que esta nova ven a confirma-la postura do Partido Popular, cando non votou a favor da aprobación dos Orzamentos por consideralos “irreais” e por considera-los un novo engano para os melidenses. Neste senso, Vázquez destaca, ademais, que ditos orzamentos non incluían 1.600.000 euros de facturas pendentes de pago do anterior exercicio.

Neste senso, Vázquez acusa a Cea de mentir de forma reiterada, xa que os motivos que alude a actual rexedora para pedi-lo préstamo é a realización de novas inversións, “un feito que non é verdade, xa que no informe de intervención especifica que o gasto xa está realizado es as facturas rexistradas no Concello”, tal e como se deu a coñecer na Comisión Informativa celebrada hoxe.

A Voceira popular cualifica a situación económica de escandalosa e pídelle a Cea que explique de inmediato o estado real das arcas municipais, xa que “despois de alardear que o Concello non tiña facturas pendentes de pago e que a situación era de total saneamento, a realidade a día de hoxe é que varias empresas presentaron suspensión de servicio por falta de pagamento e presentaron, ademais, denuncias reclamando intereses de demora, algo que endexamais sucedera no Concello de Melide”. Os populares recordan que é o terceiro préstamo a longo prazo que, en tres anos, solicita a coalición de goberno, superando os dous millóns de débeda, polo que “a actual rexedora pasará a historia por ser a rexedora que peor herdanza económica lle deixou ó concello de Melide”, sentencia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario