martes, 28 de septiembre de 2010

O PP insta a Cea a unificar criterios á hora de instalar mobiliario no Concello e pide prudencia nos gastos porque hai farois que non se pagarán ata o


  • A representante popular pídelle un mínimo de esforzo a Cea á hora de marcar prioridades de inversión co fin de non malgasta-lo diñeiro

  • Vázquez asegura que Cea está apurando obras sen criterio nin uniformidade, tal e como se pon de manifesto nos 6 deseños distintos de faroles.

A Voceira do Partido Popular de Melide, Ánxeles Vázquez, insta á actual rexedora, Socorro Cea, a que unifique criterios á hora de instala-lo mobiliario urbano, xa que, tal e como denuncia a representante popular, carece deles en canto á execución de diversas obras, tales coma a instalación de ata 6 modelos diferentes de farois, “unha auténtica chapuza estética”.

A representante popular critica que se soliciten préstamos a longo prazo para a realización deste tipo de actuacións e que estas non se paguen ata dentro de 6 anos, tal e como queda contemplado no último préstamo a longo prazo que vai solicitar o Concello. Ánxeles Vázquez considera moi grave que no seu día se enganara ós cidadáns dicindo que varios farois se cambiaban por non cumprir coa normativa vixente e que agora, despois de darlles unha man de pintura, se estean poñendo os mesmos farois noutras rúas, polo que insta a Cea a que dea explicacións ó respecto.

Dende o Grupo Popular pídeselle un mínimo de responsabilidade a Cea e agardan que elimine os ‘feísmos’ e cumpra ademais a lei de accesibilidade para persoas con problemas de mobilidade, debendo ter un mínimo de 90 centímetros entre os farois e calquera obstáculo co fin de poder pasar pola beirarrúa nunha cadeira de rodas ou de bebé, feito que non se cumpre en absoluto nas últimas intervencións levadas a cabo polo Concello.

No hay comentarios:

Publicar un comentario