jueves, 30 de septiembre de 2010

Encontro Musicaxove Galicia - Portugal

Este encontro está organizado pola Oficina Transfronteiriza de Información Xuvenil Galicia- Norte de Portugal de Tui e enmarcado dentro do proxecto Espazo Xuvenil, dirixido pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e o Instituto Português de Juventude, e aprobado no marco do Programa de Cooperación Transfronteiriza Galicia-Norte de Portugal 2007-2013 (POCTEP).
Celébrase por vez primeira este Encontro entre músicos e diferentes profesionais do sector musical na busca das esencias que moven as relacións entre Galicia e Portugal en materia de música amateur e semiprofesional.
O principal obxectivo deste proxecto é promover a cooperación institucional en materia de políticas de xuventude, para que os/as mozos/as se queden a vivir e a traballar na zona transfonteiriza Galego-Portuguesa. Por este motivo, conta coa colaboración de entidades que apoian unha nova liña de actuación de promoción do espírito emprendedor da xuventude, e que programan actividades dirixidas a todos/as mozos/as que precisan dunha formación adicional ou dunha serie de ferramentas de cara á participación en Programas Europeos ou dar os primeiros pasos para a creación dunha empresa, ou do seu futuro profesional e laboral.
Repartirase en dúas xornadas. No venres día 1 terá lugar un concerto con bandas locais e portuguesas no Parque infantil do concello do Porriño.
O Sábado terá lugar un encontro entre bandas galegas e portuguesas no que se pretende atopar puntos e común e descubrir cales son as potencialisdades deste tipo de relación transfronteirizas que nacen espontáneamente en moitas ocasións. Os profesionais atenderán as inquedanzas destes grupos e promoverán ao diálogo entre os protagonistas nesta longa xornada de sábado da que se pretenden extraer conclusións que orienten a administración na busque de establecer liñas de apoio o máis próximas as demandas reais dos músicos.
A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado estará representada polo seu director Don Ovidio Rodeiro Tato, e o Instituto Portugués da Juventude ( IPJ) polo director Regional do Norte de Portugal, Don Vitor Dias.
Encontro Músicaxove Galicia-Portugal
Iniciativa de achegamento Galicia-Portugal a través da música amateur
Sábado 2 out. O Porriño
(Centro Cultural)
10.30 h
Mesa redonda: “O territorio común. Experiencias de achegamento”
Vítor Belho por Cantos na Maré, Luis Fernandes por Outonalidades,
Santi Veloso por Ponte nas Ondas, Ovidio Rodeiro pola Dirección Xeral de Xuventude e Vítor Dias director do IPJ
12.00 h
Grupos de opinión con xoves guiados por
Uxía, Tonhito de Poi e Xocas López
13.00 h
Sesión vermú
Jane Joyd + micro aberto
14.00 h
Xantar
16.00 h
Intimísimi entre grupos
17.00 h
Conclusións.

No hay comentarios:

Publicar un comentario