jueves, 30 de septiembre de 2010

O PP de Melide cualifica de escándalo que o Goberno Local presente unha moción en apoio á folga “cando a xente o que quere é traballar”

  • A representante popular agarda que se lle desconte ó equipo de goberno o día de folga, ó igual que os demais traballadores
  • Vázquez considera vergonzosa a actitude da alcaldesa que decide ir á folga cando o resto dos traballadores están desempeñando as súas funcións

A Voceira do Partido Popular de Melide, Ánxeles Vázquez, denuncia que o equipo de goberno presenta unha moción en apoio á Folga Xeral, instando, tanto a traballadores e veciños, que acudan a ela. A representante popular cualifica este feito de “insólito, por non ser de recibo que unha rexedora inste ós traballadores a non acudir ó seu posto de traballo, cando en realidade o que necesita Melide e os melidenses é precisamente iso: traballo”.

Dende o Grupo Popular instan á Cea a que retire a moción que se terá que debater no pleno de mañá, xoves 30 de setembro, primeiro porque está fóra de lugar, xa que se debatería un día despois da xornada de paro; e, segundo, porque “é mostra máis do oportunismo político desta rexedora”. A representante popular afirma que os verdadeiros prexudicados da folga son os 600 desempregados de Melide e pídelle un esforzo especial a Cea para intentar minorar este número polo que “en lugar de ir á folga debería de traballar máis ca nunca”, sentencia.

A voceira popular asegura que Cea fixo o ridículo presentando esta moción, xa que os traballadores están desenvolvendo as súas funcións e os políticos decidiron ir á folga. Vázquez agarda que ás tres persoas con dedicación exclusiva do BNG no Concello, a alcaldesa e as Concelleiras de Benestar e Rural, se lles desconte un día de salario, ó igual que a lle acontece ó resto de traballadores que decidiron facer hoxe uso do seu dereito á folga.

No hay comentarios:

Publicar un comentario