jueves, 30 de septiembre de 2010

Curso de Formación sobre Especialista en Información Xuvenil

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, da Consellería de Traballo e Benestar covoca un curso de formación sobre especialista en información xuvenil . 2º.-Obxectivos.Afondar na capacitación das persoas que traballan no ámbito da información xuvenil, co obxecto de que obteñan unha formación que lles permita organizar e xestionar servizos de información de interese para a mocidade, accións de dinamización da información para mozas e mozos, intervir, apoiar e acompañar na creación e desenvolvemento do tecido asociativo e organizar accións socioeducativas dirixidas á mocidade no marco da información educativa.3º.-Persoal a quen vai dirixido.Persoal da Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil, así como as persoas que fixesen o curso básico de información xuvenil pola Resolución reitoral código 2007/87 e a Resolución reitoral código 2008/131 da Universidade de Santiago.
4º.-Criterios de selección.Terá prioridade o persoal dos Puntos de Información xuvenil da Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil que fixese o curso básico de información, orientación e asesoramento á mocidade ou o curso básico de información xuvenil.
5º.-Desenvolvemento do curso..
1. Duración: 490 horas.2.. O curso desenvolvese mediante a modalidade semipresencial e conta de 490 horas teórico-práctico. O 35% das horas son para a elaboración dun proxecto sobre a posta en marcha dun servizo de información xuvenil xeral ou especializado. É obrigatoria a asistencia e puntualidade as sesións presenciais do curso. Toda ausencia por enfermidade deberá ser xustificada debidamente polo interesado.3. Lugar e datas:A data da primeira sesión presencial será o dia 5 de novembro as 10,30 h. no Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil de Galicia
O resto das datas presenciais comunicaranse na sesión do primeiro día.
4. . Nº de prazas: 20.
6º.-Contidos.A) Organización e xestión de servizos de información de interese para a mocidade.* Módulo I.1. Análise dos procesos de información, orientación e asesoramento xuvenil.2. Organización dos Servizos de Información Xuvenil (SIX).3. Xestión dos Servizos de Información Xuvenil (SIX).4. Elaboración e difusión da información para a mocidade.* Módulo II.Selección e tratamento da información e documentación nos espazos físicos e virtuais. Técnicas de información e documentación xuvenil.
* Módulo III.1. O perfil sociolóxico da realidade xuvenil.2. Observatorios de mocidade. O observatorio galego da mocidade.* Módulo IV.A planificación da información xuvenil: plan, programa, proxecto.* Módulo V.Técnicas de investigación social no ámbito da mocidade.* Módulo VI.Animación sociocultural.
B) Organización e xestión de accións de dinamización da información para á mocidade.* Módulo VII.1. A Participación dos mozos nos servizos de Información Xuvenil (SIX).2. Intervención en espazos virtuais nun servizo de Información Xuvenil (SIX).3. Mocidade e medios de comunicación.4. Deseño e organización de campañas informativas para a mocidade.5. A emancipación xuvenil desde o ámbito da información xuvenil.C) Organización de accións socioeducativas dirixidas á xuventude no marco da educación.* Módulo VIII.1. Contexto da información xuvenil no ámbito da educación.2. Planificación de actividades formativas no ámbito da información xuvenil.3. Coordinación con outros axentes formativos.4. Avaliación da formación non formal para a xuventude.D) Fomento e apoio asociativo.* Módulo IX.1. Intervención, apoio e acompañamento na creación e desenvolvemento do tecido asociativo.2. Organizacións non gobernamentais (ONGs), fundacións e asociacións de carácter social.3. O papel do profesional no apoio asociativo de carácter sociocomunitario.
7º.-Solicitudes.O prazo de presentación de solicitudes remata o próximo 20 de outubro de 2010.
As solicitudes de admisión ao curso dirixiranse ao Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar.
O modelo de solicitude descargase do portal www.xuventude.net, curso
8º.-Certificacións de asistencia.1. Outorgaráselles o correspondente certificado de asistencia aos alumnos/as que participen con regularidade e dedicación no desenvolvemento dos cursos. Para os efectos de avaliar os coñecementos adquiridos polos alumnos, realizaranse probas obxectivas a distancia ao longo de cada módulo, e ao remate de cada módulo levarase a cabo unha proba avaliativa presencial nas instalacións do Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil de Galicia, ou onde se indique no seu momento, que consistirá na defensa do proxecto sobre a posta en marcha dun servizo de información xuvenil xeral ou especializado.2. É obrigatoria a asistencia e puntualidade a todas as sesións presenciais dos cursos así como ás xornadas, encontros ou congresos que organice a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado con temática relacionada coa xuventude durante a duración do curso.
3. Toda ausencia deberá ser xustificada debidamente polo interesado. A falta de asistencia, aínda que sexa xustificada, a máis do 15% das horas presenciais, impedirá a expedición da certificación anteriormente referida e dará lugar á baixa no curso coa perda de todos os dereitos. O alumno/a que se atope nesta situación realizará un traballo relacionado coa temática do curso, xornada, encontro ou similar.
A Consellería de Traballo e Benestar outorgará unha certificación coa cualificación de APTO a aquelas persoas que superen todos os módulos e o proxecto.9º.-Validacións.A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado poderá validar aqueles módulos que coincidan en contidos e horas, e fosen organizados polo órgano competente en materia de xuventude da Xunta de Galicia e que se indicará na primeira sesión presencial.10º.-Modificacións.A Consellería de Traballo e Benestar poderá suspender o curso se non hai un mínimo de alumnos, así como modificar o desenvolvemento e os contidos, horarios e datas do curso anunciado co fin de adaptalo ás necesidades da Administración, así como ás distintas continxencias que poidan xurdir.A asistencia a este curso será gratuíta para as alumnas e alumnos seleccionados.

No hay comentarios:

Publicar un comentario