martes, 21 de septiembre de 2010

Ánxeles Vázquez: “A miña prioridade é e seguirá sendo darlle solución aos problemas de Melide”

  • A representante popular subliña que traballará para que os problemas e inquietudes dos veciños estean máis presentes se cabe no Parlamento


  • Un dos primeiros temas que porá enriba da mesa será a Autovía Lugo – Santiago, co fin de o Goberno Central faga o esforzo orzamentario para que vaia adiante




A Voceira do Partido Popular de Melide, Ánxeles Vázquez, tras tomar posesión como Deputada no Congreso, amosa a súa satisfacción polo cargo que acaba de asumir e destaca que “defenderá con todo o seu afán en Madrid os intereses de Melide e de toda a comarca”. Neste senso, Vázquez subliña que traballará para que os problemas e inquietudes dos veciños estean máis presentes se cabe no Parlamento.

A representante popular subliña que compatibilizará ámbolos dous cargos, o de Deputada e o de Voceira do Grupo Municipal do PP no Concello, e que o seu ritmo na política local non se verá minguado, xa que a súa “prioridade é e seguirá sendo darlle solución ós problemas dos melidenses”. Neste senso, informa de que unha dos primeiros temas que poñerá encima da mesa será a autovía Lugo - Santiago de cara ós vindeiros orzamentos, debido a que é un problema que “levamos arrastrando dende hai anos”. Vázquez recorda que o informe de carácter medioambiental quedou liquidado fai unhas semanas, gracias ó traballo desempeñado polo Conselleiro de Medio Rural, Samuel Juárez, e polo Director de Conservación da Natureza, Samuel Borregón. “Un informe froito do consenso” destacou a Voceira, que insta ó Goberno Central a que non dilate máis no tempo dita infraestructura e faga o esforzo orzamentario para que sexa unha realidade o antes posible.

No hay comentarios:

Publicar un comentario