jueves, 30 de septiembre de 2010

VIII Concurso de Fotografía Dixital do INICO. As Persoas con discapacidade na vida cotiá

Convocado o VIII Concurso fotográfico do INICO.
1.- O autor deberá ser maior de idade. Poderán participar fotógrafos de calquera nacionalidade.2.- Poderán presentarse un máximo de 5 fotografías por participante.3.- Os traballos deberán axustarse ao tema proposto "As persoas con discapacidade na vida cotiá", dedicándose unha Mención Especial á fotografía que mellor reflicta ás persoas con minusvalidez na universidade.4.- As fotografías deben ter formato electrónico independentemente da forma en que foron capturadas. Aceptaranse os seguintes formatos: .jpg; .tif; .psd e.bmp.5.- Envío de traballos:As fotografías enviaranse a través da seguinte páxina web: http://inico.usal.es/concursofotografia/enviofotos.aspx(encher os campos cos datos e envíar unha a unha as fotos que se desexe ata un máximo de 5)6.- O prazo de recepción de traballos finaliza o 26 de outubro de 20107.- A participación no Concurso implica a aceptación por parte do autor de que as fotos enviadas serán incluídas nos arquivos do INICO, podendo realizar o Instituto exposicións ben través da web do concurso, ben en soporte papel; e que así mesmo, poderán ser utilizadas posteriormente polo Instituto citando o autor destas e sempre que sexa sen fins lucrativos. A organización presupón que o fotógrafo ten a autorización e/ou permiso das persoas que aparecen nos traballos presentados, recaendo sobre o autor toda responsabilidade relacionada co dereito á intimidade. Os autores das 3 obras premiadas cederán os dereitos de uso ao INICO.8.- O fallo do concurso farase público durante o mes de decembro de 2010 a través desta páxina web. Con anterioridade comunicarase individualmente aos premiados. Este fallo será inapelable. Se o xurado así estimáseo todos ou algúns dos premios poderían quedar desertos. No caso de que a Mención Especial Minusvalidez / Universidade quedase deserta, outorgaríase un Terceiro Premio con idénticas características: (Premio en metálico de 500 € + diploma).9.- A participación no concurso implica a aceptación de todas e cada unha das bases deste. A organización queda facultada para resolver calquera continxencia non prevista nas Bases
Máis información en http://inico.usal.es/concursofotografia

Curso de Formación sobre Especialista en Información Xuvenil

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, da Consellería de Traballo e Benestar covoca un curso de formación sobre especialista en información xuvenil . 2º.-Obxectivos.Afondar na capacitación das persoas que traballan no ámbito da información xuvenil, co obxecto de que obteñan unha formación que lles permita organizar e xestionar servizos de información de interese para a mocidade, accións de dinamización da información para mozas e mozos, intervir, apoiar e acompañar na creación e desenvolvemento do tecido asociativo e organizar accións socioeducativas dirixidas á mocidade no marco da información educativa.3º.-Persoal a quen vai dirixido.Persoal da Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil, así como as persoas que fixesen o curso básico de información xuvenil pola Resolución reitoral código 2007/87 e a Resolución reitoral código 2008/131 da Universidade de Santiago.
4º.-Criterios de selección.Terá prioridade o persoal dos Puntos de Información xuvenil da Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil que fixese o curso básico de información, orientación e asesoramento á mocidade ou o curso básico de información xuvenil.
5º.-Desenvolvemento do curso..
1. Duración: 490 horas.2.. O curso desenvolvese mediante a modalidade semipresencial e conta de 490 horas teórico-práctico. O 35% das horas son para a elaboración dun proxecto sobre a posta en marcha dun servizo de información xuvenil xeral ou especializado. É obrigatoria a asistencia e puntualidade as sesións presenciais do curso. Toda ausencia por enfermidade deberá ser xustificada debidamente polo interesado.3. Lugar e datas:A data da primeira sesión presencial será o dia 5 de novembro as 10,30 h. no Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil de Galicia
O resto das datas presenciais comunicaranse na sesión do primeiro día.
4. . Nº de prazas: 20.
6º.-Contidos.A) Organización e xestión de servizos de información de interese para a mocidade.* Módulo I.1. Análise dos procesos de información, orientación e asesoramento xuvenil.2. Organización dos Servizos de Información Xuvenil (SIX).3. Xestión dos Servizos de Información Xuvenil (SIX).4. Elaboración e difusión da información para a mocidade.* Módulo II.Selección e tratamento da información e documentación nos espazos físicos e virtuais. Técnicas de información e documentación xuvenil.
* Módulo III.1. O perfil sociolóxico da realidade xuvenil.2. Observatorios de mocidade. O observatorio galego da mocidade.* Módulo IV.A planificación da información xuvenil: plan, programa, proxecto.* Módulo V.Técnicas de investigación social no ámbito da mocidade.* Módulo VI.Animación sociocultural.
B) Organización e xestión de accións de dinamización da información para á mocidade.* Módulo VII.1. A Participación dos mozos nos servizos de Información Xuvenil (SIX).2. Intervención en espazos virtuais nun servizo de Información Xuvenil (SIX).3. Mocidade e medios de comunicación.4. Deseño e organización de campañas informativas para a mocidade.5. A emancipación xuvenil desde o ámbito da información xuvenil.C) Organización de accións socioeducativas dirixidas á xuventude no marco da educación.* Módulo VIII.1. Contexto da información xuvenil no ámbito da educación.2. Planificación de actividades formativas no ámbito da información xuvenil.3. Coordinación con outros axentes formativos.4. Avaliación da formación non formal para a xuventude.D) Fomento e apoio asociativo.* Módulo IX.1. Intervención, apoio e acompañamento na creación e desenvolvemento do tecido asociativo.2. Organizacións non gobernamentais (ONGs), fundacións e asociacións de carácter social.3. O papel do profesional no apoio asociativo de carácter sociocomunitario.
7º.-Solicitudes.O prazo de presentación de solicitudes remata o próximo 20 de outubro de 2010.
As solicitudes de admisión ao curso dirixiranse ao Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar.
O modelo de solicitude descargase do portal www.xuventude.net, curso
8º.-Certificacións de asistencia.1. Outorgaráselles o correspondente certificado de asistencia aos alumnos/as que participen con regularidade e dedicación no desenvolvemento dos cursos. Para os efectos de avaliar os coñecementos adquiridos polos alumnos, realizaranse probas obxectivas a distancia ao longo de cada módulo, e ao remate de cada módulo levarase a cabo unha proba avaliativa presencial nas instalacións do Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil de Galicia, ou onde se indique no seu momento, que consistirá na defensa do proxecto sobre a posta en marcha dun servizo de información xuvenil xeral ou especializado.2. É obrigatoria a asistencia e puntualidade a todas as sesións presenciais dos cursos así como ás xornadas, encontros ou congresos que organice a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado con temática relacionada coa xuventude durante a duración do curso.
3. Toda ausencia deberá ser xustificada debidamente polo interesado. A falta de asistencia, aínda que sexa xustificada, a máis do 15% das horas presenciais, impedirá a expedición da certificación anteriormente referida e dará lugar á baixa no curso coa perda de todos os dereitos. O alumno/a que se atope nesta situación realizará un traballo relacionado coa temática do curso, xornada, encontro ou similar.
A Consellería de Traballo e Benestar outorgará unha certificación coa cualificación de APTO a aquelas persoas que superen todos os módulos e o proxecto.9º.-Validacións.A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado poderá validar aqueles módulos que coincidan en contidos e horas, e fosen organizados polo órgano competente en materia de xuventude da Xunta de Galicia e que se indicará na primeira sesión presencial.10º.-Modificacións.A Consellería de Traballo e Benestar poderá suspender o curso se non hai un mínimo de alumnos, así como modificar o desenvolvemento e os contidos, horarios e datas do curso anunciado co fin de adaptalo ás necesidades da Administración, así como ás distintas continxencias que poidan xurdir.A asistencia a este curso será gratuíta para as alumnas e alumnos seleccionados.

Curso de Formación Básica en Información Xuvenil

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, convoca un curso de formación básica en información xuvenil. O prazo de presentación de solicitudes rematará o 15 de outubro e as sesións presenciais terán lugar no Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil de Galicia.
Curso de formación básica en información xuvenil
1.- Convocanse dúas edicións do Curso de formación básica en información xuvenil
2º.-Obxectivos.
Proporcionar aos participantes unha formación a nivel teórico-práctico sobre a información xuvenil e introducirlos nas áreas relevantes, competencias e habilidades necesarias neste campo.
3º.-Persoal a que vai dirixido.
Informadores xuvenís da Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil estudiantes ou titulados en TASOC e mozos e mozas menores de 30 anos que participen no ámbito do asociacionismo xuvenil.
4º.-Criterios de selección.
Terán prioridade os informadores xuvenís da Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil que traballen nun PIX, en segundo lugar os que traballen nas OMIX e por antigüidade. No caso de non pertencer á Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil, a prioridade virá determinada pola orde de inscrición.
5º.-Desenvolvemento do curso.O curso terá carácter semipresencial. É obrigatoria a asistencia e puntualidade as sesións presenciais do curso. Toda ausencia por enfermidade deberá ser xustificada debidamente polo interesado.1. Duración: 60 horas.Número de edicións: 22. Lugar e datas:
As sesións presenciais terán lugar no Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil de Galicia, en Santiago de Compostela, os dias 28 de outubro e 17 de decembro de 2010.
3. Nº de prazas: 20 por edición
6º.-Contidos.
Os contidos son os publicados no D.O.G. Nº 64 do Mércores, 7 de abril de 2010, nas páxinas 5.153 e 5.154.
7º.-Solicitudes.
O prazo de presentación rematará o 15 de outubro.As solicitudes de admisión ao curso dirixiranse ao Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar.
O modelo de solicitude descargase do portal www.xuventude.net, curso de formación básica en información xuvenil.
8º.-Certificacións de asistencia.1. Outorgaráselles o correspondente certificado de asistencia aos alumnos que participen con regularidade e dedicación no desenvolvemento dos cursos. Para os efectos de avaliar os coñecementos adquiridos polos alumnos, realizaranse probas obxectivas a distancia ao longo do curso, e ao remate poderá levarase a cabo unha proba avaliativa presencial nas instalacións do Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil de Galicia ou onde se indique no seu momento.
2. É obrigatoria a asistencia e puntualidade a todas as sesións presenciais dos cursos así como ás xornadas, encontros ou congresos que organice a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado con temática relacionada coa xuventude durante a duración do curso.
3. Toda ausencia deberá ser xustificada debidamente polo interesado. A falta de asistencia, aínda que sexa xustificada, a máis do 15% das horas presenciais, impedirá a expedición da certificación anteriormente referida e dará lugar á baixa no curso coa perda de todos os dereitos. O alumno/a que se atope nesta situación realizará un traballo relacionado coa temática do curso.
9º.-Modificacións.
A Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado poderá suspender o curso se non houbese un mínimo de alumnos, así como modificar o desenvolvemento, horarios, datas e os contidos do curso anunciado co fin de adaptalo ás necesidades da Administración, así como ás distintas continxencias que poidan xurdir.
10º Asistencia.
A asistencia a este curso será gratuíta para as alumnas e alumnos seleccionados.Máis información no teléfono: 981 58 39 00

Encontro Musicaxove Galicia - Portugal

Este encontro está organizado pola Oficina Transfronteiriza de Información Xuvenil Galicia- Norte de Portugal de Tui e enmarcado dentro do proxecto Espazo Xuvenil, dirixido pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e o Instituto Português de Juventude, e aprobado no marco do Programa de Cooperación Transfronteiriza Galicia-Norte de Portugal 2007-2013 (POCTEP).
Celébrase por vez primeira este Encontro entre músicos e diferentes profesionais do sector musical na busca das esencias que moven as relacións entre Galicia e Portugal en materia de música amateur e semiprofesional.
O principal obxectivo deste proxecto é promover a cooperación institucional en materia de políticas de xuventude, para que os/as mozos/as se queden a vivir e a traballar na zona transfonteiriza Galego-Portuguesa. Por este motivo, conta coa colaboración de entidades que apoian unha nova liña de actuación de promoción do espírito emprendedor da xuventude, e que programan actividades dirixidas a todos/as mozos/as que precisan dunha formación adicional ou dunha serie de ferramentas de cara á participación en Programas Europeos ou dar os primeiros pasos para a creación dunha empresa, ou do seu futuro profesional e laboral.
Repartirase en dúas xornadas. No venres día 1 terá lugar un concerto con bandas locais e portuguesas no Parque infantil do concello do Porriño.
O Sábado terá lugar un encontro entre bandas galegas e portuguesas no que se pretende atopar puntos e común e descubrir cales son as potencialisdades deste tipo de relación transfronteirizas que nacen espontáneamente en moitas ocasións. Os profesionais atenderán as inquedanzas destes grupos e promoverán ao diálogo entre os protagonistas nesta longa xornada de sábado da que se pretenden extraer conclusións que orienten a administración na busque de establecer liñas de apoio o máis próximas as demandas reais dos músicos.
A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado estará representada polo seu director Don Ovidio Rodeiro Tato, e o Instituto Portugués da Juventude ( IPJ) polo director Regional do Norte de Portugal, Don Vitor Dias.
Encontro Músicaxove Galicia-Portugal
Iniciativa de achegamento Galicia-Portugal a través da música amateur
Sábado 2 out. O Porriño
(Centro Cultural)
10.30 h
Mesa redonda: “O territorio común. Experiencias de achegamento”
Vítor Belho por Cantos na Maré, Luis Fernandes por Outonalidades,
Santi Veloso por Ponte nas Ondas, Ovidio Rodeiro pola Dirección Xeral de Xuventude e Vítor Dias director do IPJ
12.00 h
Grupos de opinión con xoves guiados por
Uxía, Tonhito de Poi e Xocas López
13.00 h
Sesión vermú
Jane Joyd + micro aberto
14.00 h
Xantar
16.00 h
Intimísimi entre grupos
17.00 h
Conclusións.

O PP de Melide cualifica de escándalo que o Goberno Local presente unha moción en apoio á folga “cando a xente o que quere é traballar”

  • A representante popular agarda que se lle desconte ó equipo de goberno o día de folga, ó igual que os demais traballadores
  • Vázquez considera vergonzosa a actitude da alcaldesa que decide ir á folga cando o resto dos traballadores están desempeñando as súas funcións

A Voceira do Partido Popular de Melide, Ánxeles Vázquez, denuncia que o equipo de goberno presenta unha moción en apoio á Folga Xeral, instando, tanto a traballadores e veciños, que acudan a ela. A representante popular cualifica este feito de “insólito, por non ser de recibo que unha rexedora inste ós traballadores a non acudir ó seu posto de traballo, cando en realidade o que necesita Melide e os melidenses é precisamente iso: traballo”.

Dende o Grupo Popular instan á Cea a que retire a moción que se terá que debater no pleno de mañá, xoves 30 de setembro, primeiro porque está fóra de lugar, xa que se debatería un día despois da xornada de paro; e, segundo, porque “é mostra máis do oportunismo político desta rexedora”. A representante popular afirma que os verdadeiros prexudicados da folga son os 600 desempregados de Melide e pídelle un esforzo especial a Cea para intentar minorar este número polo que “en lugar de ir á folga debería de traballar máis ca nunca”, sentencia.

A voceira popular asegura que Cea fixo o ridículo presentando esta moción, xa que os traballadores están desenvolvendo as súas funcións e os políticos decidiron ir á folga. Vázquez agarda que ás tres persoas con dedicación exclusiva do BNG no Concello, a alcaldesa e as Concelleiras de Benestar e Rural, se lles desconte un día de salario, ó igual que a lle acontece ó resto de traballadores que decidiron facer hoxe uso do seu dereito á folga.

martes, 28 de septiembre de 2010

Los diputados del PP por A Coruña exigen a Zapatero que blinde en los PGE del 2011 obras esenciales para la provincia

  • Antonio Erias, Belén do Campo, Arsenio Fernández de Mesa y Anxeles Mejuto piden que se garanticen, entre otras, obras trascendentales para la provincia como las estaciones intermodales de Santiago y A Coruña, el Eixo Atlántico Ferrol-Tui o la ampliación de la AP-9 en A Coruña y Santiago o los accesos a los puertos de Ferrol y Punta Langosteira
  • Los diputados populares entienden que Zapatero no puede ajustar las cuentas con el dinero que les corresponde a los coruñeses y recuerdan que los socialistas comprometieron la licitación de 3.362 millones en Galicia para el 2010 y, a día de hoy, más del 90% está pendiente.

Los diputados del PP por la provincia de A Coruña, Antonio Erias, Belén do Campo, Arsenio Fernández de Mesa y Anxeles Mejuto, exigen al Ejecutivo socialista de Zapatero que blinde en los Presupuestos Generales del 2011, que se darán a conocer la próxima semana, obras esenciales para la provincia como las estaciones intermodales de Santiago y A Coruña, el Eixo Atlántico Ferrol-Tui, la ampliación de la AP-9 en A Coruña y Santiago, con acceso a la Ciudad de la Cultura, o los accesos a los puertos de Ferrol y Punta Langosteira.

Los populares coruñeses entienden, además, que los PGE del 2011 deben garantizar presupuestariamente la ejecución de la Tercera Ronda en A Coruña y acelerar las obras del tramo As Lonzas-Zapateira, para que su puesta en marcha coincida con el tramo A Zapateira-A6, así como para iniciar los estudios para su ampliación desde el Burgo hasta A Coruña y para la creación de un carril adicional en la Avenida de Alfonso Molina.

Erias, Do Campo, Fernández de Mesa y Mejuto sostienen que el bajísimo nivel de ejecución de los socialistas en Lugo en los últimos cinco años y la exigencia a Galicia de devolver una deuda que es consecuencia de la mala gestión económica de Zapatero “suponen un agravio y una injusticia para todos los gallegos y para los coruñeses, por lo que el Ejecutivo socialista debe y blindar compromisos que no se han cumplido con la provincia”.

En este sentido, apuntan que el Ejecutivo de Zapatero tiene la obligación de prever en los PGE del próximo año las partidas necesarias para que a finales del 2011 entre en funcionamiento, tal y como recoge el Pacto del Obradoiro, la primera línea de alta velocidad en Galicia entre Ourense-Santiago, con doble vía electrificada y ancho internacional, y reclaman al Gobierno que explique cómo quedará la conexión por AVE entre Lugo y A Coruña, que incremente el presupuesto para expropiaciones de los terrenos que permitan ampliar la pista del aeropuerto de Alvedro y que dote económicamente la regeneración de la ría de O Burgo.

En Santiago, los populares ven como ineludible un compromiso económico para la Autovía A-54 Lugo-Santiago y para rehabilitación de la Plaza de Abastos, así como partidas para la depurada de aguas residuales.

“Zapatero no debería reclamar el pago inmediato de la deuda a Galicia después de seis años con una pobrísima ejecución de Presupuestos del Estado en nuestra comunidad”, señalan.

Los populares son conscientes de que el Gobierno, en la actual situación de crisis, debe hacer recortes, pero exigen a Zapatero que priorice sus políticas. “Los gallegos, y los coruñeses, fuimos los que menos recibimos cuando las cosas iban bien, no podemos ser los mismos también los que recibamos menos cuando las cosas van mal”, afirman.

Los diputados coruñeses del PP vigilarán que ni una sola obra de las que está iniciada en la provincia de A Coruña se paralice y exigen al Ejecutivo que no intente vender a los coruñeses como gran novedad obras que ya estaban contempladas y plurianualizadas en los PGE del 2010.

Desde el PP se espera que los próximos PGE del 2011 sirvan para despejar importantes dudas en Galicia, como qué actuaciones se incluirán en el Plan de Colaboración Público Privado.
Los diputados populares recordaron que ya advirtieron en su día de que los PGE del 2010 no servirían para sacar de la crisis a la provincia de A Coruña, ya que no eran austeros (incrementaban el gasto de la Administración del Estado un 17%), disminuían la inversión un 10% y suponían una subida de impuestos que a cada coruñes le supuso el desembolso de 532 euros más al año sin aportar ninguna obra nueva y alargando los plazos de las ya previstas.

O PP insta a Cea a unificar criterios á hora de instalar mobiliario no Concello e pide prudencia nos gastos porque hai farois que non se pagarán ata o


  • A representante popular pídelle un mínimo de esforzo a Cea á hora de marcar prioridades de inversión co fin de non malgasta-lo diñeiro

  • Vázquez asegura que Cea está apurando obras sen criterio nin uniformidade, tal e como se pon de manifesto nos 6 deseños distintos de faroles.

A Voceira do Partido Popular de Melide, Ánxeles Vázquez, insta á actual rexedora, Socorro Cea, a que unifique criterios á hora de instala-lo mobiliario urbano, xa que, tal e como denuncia a representante popular, carece deles en canto á execución de diversas obras, tales coma a instalación de ata 6 modelos diferentes de farois, “unha auténtica chapuza estética”.

A representante popular critica que se soliciten préstamos a longo prazo para a realización deste tipo de actuacións e que estas non se paguen ata dentro de 6 anos, tal e como queda contemplado no último préstamo a longo prazo que vai solicitar o Concello. Ánxeles Vázquez considera moi grave que no seu día se enganara ós cidadáns dicindo que varios farois se cambiaban por non cumprir coa normativa vixente e que agora, despois de darlles unha man de pintura, se estean poñendo os mesmos farois noutras rúas, polo que insta a Cea a que dea explicacións ó respecto.

Dende o Grupo Popular pídeselle un mínimo de responsabilidade a Cea e agardan que elimine os ‘feísmos’ e cumpra ademais a lei de accesibilidade para persoas con problemas de mobilidade, debendo ter un mínimo de 90 centímetros entre os farois e calquera obstáculo co fin de poder pasar pola beirarrúa nunha cadeira de rodas ou de bebé, feito que non se cumpre en absoluto nas últimas intervencións levadas a cabo polo Concello.

lunes, 27 de septiembre de 2010

Preto de 200 xóvenes poderán inscribirse a partir do 4 de outubro para realizar prácticas laborais noutros países europeos



  • O programa Mogal, xestionado pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, permitirá aos participantes traballar en empresas de Italia, Francia, Irlanda e Holanda entre novembro deste ano e decembro de 2011.

  • Este proxecto é unha das iniciativas que se están a abordar no marco do “Seminario de responsables de políticas nacionais, rexionais e locais de Xuventude” que se está a desenvolver na capital galega

  • No congreso, que comezou onte, participarán ata mañá representantes de España, Rusia, Ucraína, Moldavia, Armenia, Grecia, Italia, Bulgaria, Portugal, Romanía e Hungría.


Preto de 200 mozos e mozas galegas poderán inscribirse, a partir do próximo 4 de outubro, no programa “Mogal”, unha iniciativa que lles permitirá realizar prácticas laborais en empresas de Italia, Francia, Irlanda e Holanda entre novembro de 2010 e decembro de 2011.
De feito, este programa, que xestiona a Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude, é un dos proxectos que se está a abordar no marco do “Seminario de responsables de políticas, nacionais, rexionais e locais de Xuventude”, que comezou onte en Santiago de Compostela e que se prolongará ata este domingo.
Neste congreso están a participar representantes de España e doutros dez países europeos: Rusia, Ucraína, Moldavia, Armenia, Grecia, Italia, Bulgaria, Portugal, Romanía e Hungría. O seu obxectivo é ser un foro para o intercambio de coñecementos e experiencias que en materia de xuventude están a poñer en marcha os distintos membros da Unión Europea e dos países europeos non asociados.
Por iso, a Xunta fixo especial fincapé nos seus programas de mobilidade, entre o que destaca o Mogal, que este ano duplica as súas prazas, xa que o ano pasado participaron no mesmo un centenar de mozos e mozas. Neste exercicio, o proxecto conta cun investimento de máis de 500.000 euros que achega a Unión Europea e o propio Goberno galego.
A Dirección Xeral de Xuventude presentou tamén o programa “Xuventude no mundo”, que se puxo en marcha por primeira vez este ano, e que está permitindo, xa actualmente, que 120 mozos e mozas de entre 18 e 30 anos teñan a oportunidades de participar en intercambios xuvenís coa mocidade en sete países europeos.
O seminario, organizado pola Consellería de Traballo e Benestar, ten como un dos seus obxectivos prioritarios conseguir unha ampliación do número de países socios que participen nos seus programas de mobilidade.
De feito, os traballos están avanzando a bo ritmo dentro deste seminario, no que se acordou que, nos vindeiros meses, mozos e mozas galegas poderán visitar os seguintes países ou cidades: San Petersburgo, Moldavia, Ucraína, Italia ou Hungría. En cada intercambio –proxectos propios da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado- participarán entre 10 e 12 persoas. Pola súa banda, a mocidade destes países visitaría Galicia durante o próximo ano.
Este esforzo por ampliar as posibilidades dos intercambios entre a mocidade inscríbese na aposta da Xunta de Galicia pola mobilidade xuvenil, un compromiso que se reflicte na Estratexia Xuventude 2010-2013, que recolle este punto como un eixo estratéxico.

O PP sorprendido pola subida de hasta un 10 % de impostos municipais e a creación de outros novos

  • A representante popular critica que en época de crise Socorro Cea decida subir os impostos ós cidadáns melidenses.
  • O PP anuncia que no Concello se cobrará incluso por cambiar de lugar de empadronamento 15 € .

A Voceira do Partido Popular de Melide, Ánxeles Vázquez, anuncia que o seu Grupo votará encontra da suba de impostos proposta pola alcaldesa nacionalista Socorro Cea por entender que en época de crise, quen mais está sufrindo as consecuencias da mesma son as familias polo que non se lles pode gravar con mais impostos.

A representante popular afirma ser incongruente que se vai subir hasta un 10 % o recibo de recollida de lixo, pasando nos casos de recollida urbana de 69 a 75 € e no rural de 52 a 58 €, suba esta que se vai notar inda mais no caso de baixos comerciais e hostelería.
Para o PP é sangrante que se pida un préstamo de 352.000 € dende o Concello aducindo á crise que atravesamos e en cambio non se teña en conta o momento delicado polo cal están pasando os cidadáns de Melide donde os parados alcanzan o número de 600.

Ánxeles Vázquez anuncia que ademais a partir da aprobación en pleno previsto para o vindeiro xoves, que contará cos votos a favor do BNG e PSOE e cos votos encontra do PP tamén se cobrará hasta 15 € por cambiar de lugar de empadronamento , por solicitar permiso para realizar unha festa, ou por calquera outra solicitude que se rexistre no Concello.

Dende o PP non dubidan en afirmar que o bipartito melidense non deixa títere con cabeza co fin de recaudar e pola contra malgastan os cartos públicos sen control en actividades ás que non acude ninguén ou en obras innecesarias.
Dende o PP pídenlle a Cea que reflexione de aquí ó vindeiro xoves e dea marcha atrás sobre a proposta de subida de impostos levada a comisión informativa no día de onte.

martes, 21 de septiembre de 2010

Ánxeles Vázquez: “A miña prioridade é e seguirá sendo darlle solución aos problemas de Melide”

  • A representante popular subliña que traballará para que os problemas e inquietudes dos veciños estean máis presentes se cabe no Parlamento


  • Un dos primeiros temas que porá enriba da mesa será a Autovía Lugo – Santiago, co fin de o Goberno Central faga o esforzo orzamentario para que vaia adiante




A Voceira do Partido Popular de Melide, Ánxeles Vázquez, tras tomar posesión como Deputada no Congreso, amosa a súa satisfacción polo cargo que acaba de asumir e destaca que “defenderá con todo o seu afán en Madrid os intereses de Melide e de toda a comarca”. Neste senso, Vázquez subliña que traballará para que os problemas e inquietudes dos veciños estean máis presentes se cabe no Parlamento.

A representante popular subliña que compatibilizará ámbolos dous cargos, o de Deputada e o de Voceira do Grupo Municipal do PP no Concello, e que o seu ritmo na política local non se verá minguado, xa que a súa “prioridade é e seguirá sendo darlle solución ós problemas dos melidenses”. Neste senso, informa de que unha dos primeiros temas que poñerá encima da mesa será a autovía Lugo - Santiago de cara ós vindeiros orzamentos, debido a que é un problema que “levamos arrastrando dende hai anos”. Vázquez recorda que o informe de carácter medioambiental quedou liquidado fai unhas semanas, gracias ó traballo desempeñado polo Conselleiro de Medio Rural, Samuel Juárez, e polo Director de Conservación da Natureza, Samuel Borregón. “Un informe froito do consenso” destacou a Voceira, que insta ó Goberno Central a que non dilate máis no tempo dita infraestructura e faga o esforzo orzamentario para que sexa unha realidade o antes posible.

domingo, 19 de septiembre de 2010

Ferreiro, vencedor do Rali de Hitóricos de Galicia



Un ano máis, Jesús Manuel Ferreiro "Suso" xunto co copiloto Martín Segade, por segundo ano consecutivo volve convetirse no gañador do Rali Histórico Galicia-Camiño de Santiago-Terra de Melide.
Dende aquí darlle unha merecida noraboa e desexarlle moita sorte para vindeiras competicións.

Nombramiento de Ánxeles como diputada nacional

NOMBRAMIENTO DE MARIA ANGELES VAZQUEZ MEJUTO DIPUTADA NACIONAL from PP de Melide on Vimeo.

La autovía, primera inicitavia de Anxeles como diputada




viernes, 17 de septiembre de 2010

Seralia recibe los pagos del 2009



Aberto o prazo de inscripción das escolas deportivas

Dende o luns está aberto o prazo de inscipción das Escolas Deportivas para nenos e adultos, as actividades darán comezo o 4 de outubro.

Entre a programación podense atopar actividades como baile moderno, ballet, yoga, pintura, etc.

Para máis información dirixirse o departamento de Cultura e Deportes do Concello.

1 praza de profesor de percusión para o conservatorio

O concello de melide convoca unha praza de profesor/a de percusión para o conservatorio.
O prazo para presentar solicitudes remata este venres 17 de setembro, o lugar de presentación é na oficina Xeral do concello de melide.

As bases desta convocatoria poden descargarse pinchando aquí.

II Rali Historicos de Melide


Una nueva edicion del rally Histórico de Galicia
Tendrá lugar los próximos dias 17 y 18 de Septiembre, en Melide.

El Rally se disputara en dos jornadas, la noche del viernes se haran dos pasadas al tramo espectáculo, que este año tiene como aliciente un rasante en una recta a escasos metros del final del tramo.

En la jornada del sabado serán un total de 5 tramos a disputar todos ellos a doble pasada, que incluye dos nuevas pasadas al tramo urbano GEDAS y otros 4 tramos que son TOQUES, SANTISO, MELIDE y SOBRADO.

El rally cuenta con una inscripción de lujo, con un total de 63 equipos inscritos, 36 de ellos en la categoria de velocidad y 27 en la categoria de regularidad, en esta lista podemos ver nombres como el de Sergio Vallejo, actual campeón de España de Rallyes, Antonio Sainz y Manuel Bobes, quienes estan luchando por la primera posición en el campeonato de Históricos, Santi Cañizares y como no podia ser de otra manera, Jesús Ferreiro, que en esta ocasion estrena copiloto local y nueva decoración en su vehiculo.

Los horarios de la prueba: Horarios Rally de Galicia Históricos

Para ver los mapas: Mapa de Rally de Galicia Históricos

El PP de Melide exige un informe económico




miércoles, 8 de septiembre de 2010

Anxeles Vázquez substituirá a Conde Roa como deputada nacional sen descoidar a alcadía de Melide






















UGT tilda al gobierno de "mentiroso crónico" por el servicio de limpieza


Seralia amenaza con retirar el servicio de limpieza a Melide

NOVO ENGANO DA ALCALDESA SOCORRO CEA AO POBO DE MELIDE

Novo Engano Da Alcaldesa Socorro Cea Ao Pobo de Melide[1]


O PP de Melide informa de que Cea solicitará un préstamo por importe de 352.000 euros a un mes escaso de aproba-los Orzamentos de 2010

  • A representante esíxelle á actual alcaldesa unha explicación pública dos motivos reais da solicitude de dito préstamo
  • Vázquez informa de que no informe de intervención se especifica que o préstamo non é para novas inversións xa que o gasto está realizado e as facturas rexistradas no Concello

A Voceira do Partido Popular de Melide, Ánxeles Vázquez, informa de que, a un mes escaso de que o Goberno Local aprobara os Orzamentos de 2010, a rexedora nacionalista, Socorro Cea, anuncia que solicitará un novo préstamo a longo prazo, que ascende a 352.000 euros. A representante popular considera inadmisible a actitude de Cea e subliña que esta nova ven a confirma-la postura do Partido Popular, cando non votou a favor da aprobación dos Orzamentos por consideralos “irreais” e por considera-los un novo engano para os melidenses. Neste senso, Vázquez destaca, ademais, que ditos orzamentos non incluían 1.600.000 euros de facturas pendentes de pago do anterior exercicio.

Neste senso, Vázquez acusa a Cea de mentir de forma reiterada, xa que os motivos que alude a actual rexedora para pedi-lo préstamo é a realización de novas inversións, “un feito que non é verdade, xa que no informe de intervención especifica que o gasto xa está realizado es as facturas rexistradas no Concello”, tal e como se deu a coñecer na Comisión Informativa celebrada hoxe.

A Voceira popular cualifica a situación económica de escandalosa e pídelle a Cea que explique de inmediato o estado real das arcas municipais, xa que “despois de alardear que o Concello non tiña facturas pendentes de pago e que a situación era de total saneamento, a realidade a día de hoxe é que varias empresas presentaron suspensión de servicio por falta de pagamento e presentaron, ademais, denuncias reclamando intereses de demora, algo que endexamais sucedera no Concello de Melide”. Os populares recordan que é o terceiro préstamo a longo prazo que, en tres anos, solicita a coalición de goberno, superando os dous millóns de débeda, polo que “a actual rexedora pasará a historia por ser a rexedora que peor herdanza económica lle deixou ó concello de Melide”, sentencia.