lunes, 27 de septiembre de 2010

O PP sorprendido pola subida de hasta un 10 % de impostos municipais e a creación de outros novos

  • A representante popular critica que en época de crise Socorro Cea decida subir os impostos ós cidadáns melidenses.
  • O PP anuncia que no Concello se cobrará incluso por cambiar de lugar de empadronamento 15 € .

A Voceira do Partido Popular de Melide, Ánxeles Vázquez, anuncia que o seu Grupo votará encontra da suba de impostos proposta pola alcaldesa nacionalista Socorro Cea por entender que en época de crise, quen mais está sufrindo as consecuencias da mesma son as familias polo que non se lles pode gravar con mais impostos.

A representante popular afirma ser incongruente que se vai subir hasta un 10 % o recibo de recollida de lixo, pasando nos casos de recollida urbana de 69 a 75 € e no rural de 52 a 58 €, suba esta que se vai notar inda mais no caso de baixos comerciais e hostelería.
Para o PP é sangrante que se pida un préstamo de 352.000 € dende o Concello aducindo á crise que atravesamos e en cambio non se teña en conta o momento delicado polo cal están pasando os cidadáns de Melide donde os parados alcanzan o número de 600.

Ánxeles Vázquez anuncia que ademais a partir da aprobación en pleno previsto para o vindeiro xoves, que contará cos votos a favor do BNG e PSOE e cos votos encontra do PP tamén se cobrará hasta 15 € por cambiar de lugar de empadronamento , por solicitar permiso para realizar unha festa, ou por calquera outra solicitude que se rexistre no Concello.

Dende o PP non dubidan en afirmar que o bipartito melidense non deixa títere con cabeza co fin de recaudar e pola contra malgastan os cartos públicos sen control en actividades ás que non acude ninguén ou en obras innecesarias.
Dende o PP pídenlle a Cea que reflexione de aquí ó vindeiro xoves e dea marcha atrás sobre a proposta de subida de impostos levada a comisión informativa no día de onte.

No hay comentarios:

Publicar un comentario