miércoles, 11 de agosto de 2010

A autovía Santiago Lugo en "stand by"

Sobrados son os comentarios, noticias, tertulias radiofónicas e televisivas sobre a sonada crise financiera e económica que ata fai ben pouco o goberno socialista de España non recoñecía. O sonado Plan E que tantas farolas, beirarrúas e infraestructuras locais lles deu a gobernos locais irresponsables como é o caso do noso durante un período de tempo breve xa non é dabondo, xa nos soluciona aquelo que pretendía facer inevitable: as arcas públicas están baleiras.

E non é dabondo porque unha vez máis Galicia e as infraestructuras do interior da nosa comunidade vanse ver afectadas polos recortes, que agora sí, parece ser que existen e son necesarios e imprescindibles, para que España se libre de ser unha futura Grecia.

Pero imos ao grano, as evidencias son claras. A pesares das promesas do goberno de España coa débeda contraída con Galicia e os honores rendidos polos nosos rexidores ao ministro de Fomento o Sr. Pepe Blanco -fillo adoptivo de Melide-o certo é que obras da A-54 fai máis de 15 días que están paralizadas en Vilamoure e o único tramo que funciona a pleno rendemento é o que comprende dende Guntín a Palas de Rei. O recorte que tivo que sofrer a autovía foi dende os 17 millóns de euros a 2,8 millóns polo que é comprensivo que as empresas adxudicatarias se visen advocadas a despedir aos traballadores, agravando o drama económico co paro a moitas familias galegas.

O Plan E foi unha cortina de fume para non recoñecer o inevitable. Pero Sr. Zapatero e fillo adoptivo ministro de Fomento, que vai vir agora: o F, G, H, I......??? Teremos que inventar outro abecedario? Os galeg@s teñen dereito a infraestructuras do transporte competitivas e non pagar por xestións políticas irresponsables e a deriva.

No hay comentarios:

Publicar un comentario