martes, 11 de enero de 2011

A segunda convocatoria para participar nas becas Leonardo do programa MoGal está aberta ata o 22 de xaneiro

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado abre hoxe o prazo para solicitar a participación no proceso selectivo da segunda convocatoria para as bolsas Leonardo da Vinci, dentro do proxecto autonómico MoGal (Mobilidade Galega). O período para a solicitude de participación está aberto ata o 22 de xaneiro.
O proxecto MoGal, que se leva a cabo durante a totalidade de 2011 en catro convocatorias, permitirá que un total de 187 mozos e mozas galegos realicen prácticas laborais en empresas de Italia, Francia, Irlanda e Holanda.
O obxectivo do programa Leonardo é facilitar a integración dos participantes dentro do mercado laboral europeo, mediante a oferta de estadías formativas en empresas e organizacións de 12 semanas de duración.
Poden participar mozos e mozas de entre 18 e 30 anos de idade que teñan realizado estudos universitarios ou de Formación Profesional relacionados cos sectores do moble e madeira, restauración, turismo, imaxe, informática, deseño, electricidade ou mecánica.
Con esta iniciativa preténdese que os participantes cheguen a conseguir coñecementos e competencias útiles para o seu desenvolvemento profesional, ao tempo que se adquire unha mellor competencia lingüística no idioma do país de destino.
Nesta segunda convocatoria ofértanse un total de 48 bolsas, 4 para empresas de Holanda,11 para Irlanda,15 para Francia,10 para Italia e 8 para República Checa.
O período de estancia será de 12 semanas, desde finais de abril ata mediados de xullo. As bolsas cobren gastos de aloxamento, curso de preparación lingüística, seguro de responsabilidade civil, viaxe a custo real ata un máximo de 200 euros e parte da manutención.
Deben enviarse os documentos debidamente cumprimentados (fai clik para abrir cada un deles): o Currículo no modelo europeo oficial cuberto no idioma do país de destino que se solicita en primeiro lugar e a solicitude debidamente cumprimentada. Non se admiten escritos manualmente.
Para atopar máis información sobre as características do programa pódese consultar a dirección http://xuventude.xunta.es/programas-eu.html ou no tfno 881 999 567

No hay comentarios:

Publicar un comentario