domingo, 30 de mayo de 2010

A unión fai a forza!!

Este venres todos os melidenses poidemos asistir con gran satisfacción a fusión das dúas asociación de empresarios coas que contaba Melide. Despois de un gran esforzo por parte das directivas dos dous colectivos Sonia Valiño presidenta da Asociación de Empresarios Terra de Melide (Asetem-Centro Comercial Aberto) e Rosa Cabado ao frente do Centro Comercial Aberto Vila de Melide. Dende agora, ASETEM une xa a todos os comerciantes e empresarios da vila de Melide contando con 142 despois da fusión.
Este cambio de envergadura implica novas caras na directiva de ASETEM e no equipo directivo presidido por Sonia Valiño. Rosa Cabado ocupará o cargo de contador e Secundino Rodríguez de vogal. Ademáis, Rosa Cabado porase o frente da comisión de comercio que se vai crear para xestionar os servizos e as actividades do que dende agora é o único centro comercial aberto de Melide.
Con esta fusión tanto os propios socios como Melide como pobo e consumidores que somos se beneficia, xa que a eficacia de xestión e as axudas específicas para este tipo de iniciativas non poderían ser acadadas por cada unha das asociación independentemente. Sen embargo, non queremos deixar de recoñecer o grande papel que neste proceso tivo a directora xeral de Comercio da Xunta, Nava Castro, que na noite do venres volveu a recordar o seu compromiso para con Melide e co seu comercio.

No hay comentarios:

Publicar un comentario