jueves, 31 de marzo de 2011

ABERTO DE TENIS EYPAR MELIDE


Os días 23 e 24 de Abril tera lugar no Pavillón o campionato e tenis melidense. Contarase coa presenza de Miguel Casal actual número 1 de Galicia e 32 de España, Roberto Rodríguez, tres veces subcampión galego e Natalia Galán, actual número un de Galicia e 53 de España, entre outros.

A inscripción poderase efectuar de luns a venres de 13,30 a 16,30 con data límite do 15 de Abril cun custe de 3 €.


Os partidos celebraranse o Xoves e o Venres Santo, e as finais celebraránse o domingo desa mesma semana co seguinte horario:

16:45 Final Feminina.

17:45 Clinic para os máis pequenos.

18:45 Final Masculina.


O apoio ao deporte melidense, a xuventude e a vida saudable faise patente no patrocinio de moitas das empresas melidenses así como o apoio incondicional da Xunta de Galicia na organización deste tipo de eventos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario