martes, 26 de octubre de 2010

O PP insta á Deputación Provincial que dote de consignación orzamentaria a partida destinada á estrada Melide - Visantoña

· Ánxeles Vázquez insta a Cea a que medie co ente provincial para que axilice a infraestructura

· O Grupo Popular da Deputación apoiará a iniciativa de Melide por considerar esta obra de primeira necesidade

Melide, 25 de outubro de 2010. A Voceira do Partido Popular de Melide, Ánxeles Vázquez, presentou un escrito no Concello solicitándolle á actual rexedora, Socorro Cea, que medie coa Deputación Provincial para que a partida destinada á ampliación da estrada Melide – Visantoña se dote, de xeito inmediato, de consignación orzamentaria. “Uns cartos que irán destinados á expropiación de terreos e á mellora da vía”, informa a Voceira do PP.

A representante popular mantivo unha xuntanza co Grupo Popular no ente provincial para tratar máis polo miúdo a situación actual desta infraestructura viaria e na que coincidiron na “urxente necesidade” de que dita infraestructura sexa unha realidade o antes posible. Tal e como recorda Vázquez, data xa de dous anos a aprobación no pleno da Deputación do proxecto de mellora de dita estrada, pero, a día de hoxe, non hai vontade política para dotala de presuposto. Neste senso, lamenta que despois dos trámites realizados pola Xunta de Galicia para que se procedera á aprobación das expropiacións, levándose ó Consello da Xunta por vía de urxencia en tan só 15 días, o ente provincial siga poñendo trabas a unha infraestructura clave para o municipio e que foi prometida en reiteradas ocasións polo actual Presidente da Deputacións. “O que lle pedimos agora dende o PP é que cumpra coa súa palabra e invista en dita obra”, sentenciou Vázquez.

No hay comentarios:

Publicar un comentario