lunes, 4 de octubre de 2010

Vázquez denuncia a falta de compromiso de José Blanco coa comarca e lamenta que discrimine o tramo Arzúa – Palas de Rei da Autovía Santiago - Lugo

· A Deputada Nacional cualifica os Orzamentos de irreais e lamenta os atrasos nesta infraestructura tan importante para a comarca

· A representante popular insta a Fomento a que explique os importantes cambios orzamentarios e nas previsións de finalización do tramo A-54 Arzúa – Palas de Rei

A Voceira do Partido Popular de Melide e Deputada Nacional, Ánxeles Vázquez, cualifica os Orzamentos Xerais do Estado de “irreais, insolidarios e pouco esperanzadores”. Neste senso, Vázquez pon o acento na falta de compromiso do Goberno cunha infraestructura clave para a mobilidade e desenvolvemento da comarca como é a Autovía Santiago – Lugo e, concretamente, co tramo A – 54 Arzúa – Palas de Rei. Tal e como denuncia a Deputada Nacional “sufrirá importantes atrasos, así coma tamén unha reducción considerable da partida prevista para este ano”. Vázquez critica, ademais, que tramos que estaban previsto que remataran no 2012, caso de Labacolla – Arzúa, agora se atrasen ata 2015.

A representante popular insta a Fomento a que explique os importantes cambios orzamentarios e nas previsións de finalización do tramo A-54 Arzúa – Palas de Rei. Neste senso, Vázquez explica que nos orzamentos do pasado ano o custe total da obra era de 156 millóns de euros e que o prazo de finalización databa para o ano 2014, mentres que agora se cifra o custe total en preto de catro millóns e se apunta para 2011 a súa fin. Nesta mesma liña, Vázquez recorda que nos Orzamentos de 2010 figuraba unha partida para 2011 de dos millóns de euros, cando agora tan só presupostan 99.000 euros. Deste xeito e tal e como denuncia Vázquez, “desaparece unha previsión executoria, en tempo e en presuposto, porque non existen partidas presupostadas para anos sucesivos para executa-la obra”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario