lunes, 25 de octubre de 2010

+Quérote!

Desde a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado ponse en marcha a iniciativa de Espazo Xove, a través da cal se pretende unificar os servizos que se están ofertando á mocidade nas Casa de Xuventude e OMIX, involucrando aos Centros Quérote+ na información e asesoramento a mocidade en temas específicos: Imaxe corporal, drogas e conductas adictivas, sexualidade, uso seguro das novas tecnoloxías, educación vial e convivencia entre iguais.
Dentro desta proposta, quere ofertarse ao persoal das OMIX e Casas da Xuventude, en conxunto cos centros Quérote+, unhas xornadas de traballo no mes de novembro co fin de acadar uns puntos en común á hora de traballar nestes diferentes campos.
Para máis información poden chamar ao 902141617

1. DATOS DO CURSO
CONSELLERÍA: Traballo e Benestar, Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado
NOME: Xornadas Formativas Quérote+
MODO DE IMPARTICIÓN: Presencial (32 horas) A distancia (8 horas)
DURACIÓN DO CURSO: 4 días, 4 luns do mes de novembro
DATA DE INICIO MATRÍCULA: 22/10/10 DATA FIN MATRÍCULA: 03/11/10
DATA DE INICIO CURSO: 08/11/10 DATA DE FIN CURSO: 29/11/10
RESPONSABLE: Raúl Cadenas – raul.cadenas@querote.org

2. DESCRIPCIÓN
OBXECTIVOS DO CURSO
Crear unha sinerxia de traballo entre os equipos de traballo dos diferentes espazos xoves
Ofrecer unha información e formación básica nos temas levados por Quérote+

PERSOAS DESTINATARIAS

Persoal da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, persoal das Casas da Xuventude, Oficinas de Información Xuvenil e asociacións xuvenis que traballen directamente coa mocidade.

CONTIDOS DO PROGRAMA
Quérete!
O Feito Sexual Humano. Proceso de Sexuación: Somos e vivimos como sexuados. Modelos de Educación Afectivo Sexual. Análise sobre os diferentes modelos de educación afectivo sexual; identificación, características, significación social,… Análise e reflexión da Educación Sexual recibida. Elaboración de instrumentos de traballo.

Gústate!
Modelos únicos vs. Diversidade: Imaxe corporal, aparencia física e modelos estéticos. Industria vs. Criterio propio: Influencia dos medios de comunicación e da publicidade na percepción e valoración do propio corpo e da propia imaxe. Premio vs. Castigo: Influencia do medio cultural: a delgadez como beleza, éxito, saúde e estado corporal desexable- Xestión emocional vs. Hábitos non saudables: Hábitos non saudables como ferramenta emocional. Autoestima vs. Presión grupal: Autoestima, autoconcepto, aceptación e presión social. Modelo vs. Posibilidades individuais: Percepcións, pensamentos e emocións en relación co corpo e a imaxe.

Relaciónate!
Que é a convivencia entre iguais. Coñecendo e resolvendo o conflito. Comunicándonos de forma eficaz.

Conéctate!
A mocidade e as TIC’s. Posibilidades que nos ofrecen as TIC’s. Ameazas ou riscos. Uso seguro das TIC’s.


Vitalízate!
Substancias, adiccións e dependencias. Factores predispoñentes. Presión de grupo. Alternativas ao consumo

Móvete!
Os accidentes de tráfico: a magnitude do problema. Os grupos e factores de risco. A seguridade activa e pasiva.

CRITERIOS DE SELECCIÓN

Farase por orde de entrada da solicitude, tendo prioridade o persoal da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado e o persoal das Casas da Xuventude e Oficinas de Información Xuvenil.
A ficha de inscripción estará colgada na web de xuventude a partir do día 22 de outubro.
http://xuventude.xunta.es/xornadas-formativas-do-centro-querote.html
NÚMERO DE PRAZAS
25
HORARIO

Luns de 10 a 14 horas e de 16 a 20 horas

LUGAR DE IMPARTICIÓN
Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil
Praza do Matadoiro s/n
15703 Santiago de Compostela







No hay comentarios:

Publicar un comentario