jueves, 24 de junio de 2010

Cursos de verán no extranxeiro para estudantes de primaria, secundaria e bacharelato


A Xunta presenta os cursos de verán para mellorar o nivel dos estudantes galegos nas linguas extranxeiras.

Dende a semana pasada, representantes da consellería manteñen encontros informativos cos estudantes de 6º de educación primaria, 1º, 2º, 3º, 4º de ESO e 1º e 2º de bacharelato, que estan a cursar os seus estudos en centros educativos sostidos con fondos públicos en Galicia.

Os estudantes seleccionados viaxarán a distintas zonas de Europa, Canadá ou en España, en función do curso que estean a desenvolver e do idioma a mellorar. Haberá actividades en Canadá, Francia, Reino Unido, Irlanda, Alemaña e España.

As actividades non só se realizarán entre xuño e agosto, senón que tamén se desenvolverá unha quenda no mes de setembro, o que permitirá aos nenos e nenas galegos participar no sistema educativo de Irlanda ou de Canadá e compartir así as experiencias dos estudantes extranxeiros.

Os beneficiados destas achegas terán cubertos os gastos da viaxe na que estarán acompañados por monitores e monitoras, así como os gastos de docencia e material escolar, as actividades deportivas, culturais e complementarias dos cursos. Tamén terán cubertos os gastos de mantemento e aloxamento.

Os seleccionados para o cursos vivirán con familias ou en residencias e todos terán a oportunidade de desenvolver actividades fóra das aulas, nas que se inclúen excursións, actividades deportivas, xogos ou obradoiros temáticos.

1 comentario:

  1. Felicidades, da gusto ver xente traballando para os demais.
    Seguide asi.

    ResponderEliminar