martes, 29 de junio de 2010

A residencia de maiores abrirá o primeiro trimestre de 2011

Por fin unha boa noticia para os melidenses: a residencia de maiores abrirá o primeiro trimestre de 2011.



  • A representante popular mantivo esta semana unha reunión coa Conselleira de Traballo e Benestar, na que logrou o seu compromiso



  • Vázquez informa de que se poñerán en marcha 60 novas prazas



  • Solicitoulle á Conselleira que se lle dea prioridade ós melidenses á hora de ocupar as novas prazas

A Voceira do Partido Popular de Melide, Ánxeles Vázquez, tras manter esta semana unha reunión coa Conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, anuncia a apertura da residencia de maiores antes de fin de ano con unha dotación orzamentaria de 250.000 euros, co fin de que no primeiro trimestre de 2011 estean en marcha 60 novas prazas residencias. Deste xeito, o centro contará cun total de 76 prazas residencias, xa que, actualmente, hai 16 dispoñibles. Na residencia tamén teñen cabida as actuais 39 prazas da modalidade de centro de día e as 24, de vivenda comunitaria. A representante popular amosou a súa satisfacción pola compromiso da Conselleira, xa que é unha demanda que os populares veñen reclamando dende fai anos e que incidirá directamente na mellora da calidade de vida de moitos veciños.

Tal e como informa a Vázquez, estímase que antes de que se remate o presente ano finalizarase o proceso de equipamento de ditas prazas e levarase a cabo a instalación do ascensor para padiolas e o elevador, necesarios para habilitar esta nova planta. Por último, a representante popular solicitoulle á Conselleira que se lle dea prioridade ós melidenses á hora de acceder ás prazas residencias, así como tamén ós novos postos de traballo que se xeren. Neste senso, Beatriz Mato indicoulle que estudiará dita posibilidade.

Só nos queda expresarlle a nosa satisfacción por unha banda a voceira popular, Anxeles Vázquez, porque unha vez máis traballa con forza por Melide conseguindo logros tan importantes e tan demandados coma este, e por outra, a nosa satisfacción propia, no senso en que novos postos de traballo, servizos e aproveitamento de infraestructuras chegan a vila melidense.

2 comentarios:

  1. Dios mio, e vos pretendedes estar no goberno de Melide.Un consello que vos vou dar como habitante de Melide que ainda non teño claro a quen vou votar.Sede mais educados nas respostas que dades os comentades.Moito estamos alucinando coa pouca educación e co vocabulario que estades empregando.Non estades, con éstes feitos beneficiando o partido popular do pobo.Nonsei quen fai éste blog, ou quen escribe, ou quen é o administrador, pero....de educación e saber estar nada de nada.

    ResponderEliminar
  2. Ou eu moi mal leo, ou creo que en ningún artículo dos aquí publicados faltaron o resteto a alguén, en todo caso están a proporcionar información.
    En canto os comentarios, aquí cada un é moi libre de poñer o que queira, sempre é cando sexan comentarios críticos e nunca faltando o respeto nin insultando, e non por iso temos que acusar a estos rapazes de non ser educados, xa que como anterior mente dixen os comentarios poñemolos nós non eles.

    ResponderEliminar