jueves, 24 de junio de 2010

Novas especialidades de FP para o curso 2010/2011


A consellería de Educación e Ordenación Universitaria vai ofertar o vindeiro curso sete novos títulos de Formación Profesional. Estas titulacións serán: Produción Agroecolóxica, Produción Agropecuaria, Instalacións de Telecomunicación; Deseño e fabricación Mecánica, Viaxes e Xestión de Eventos, Adminsitración de Sistemas Informáticos en Rede e Guía, información e asistencias turísticas.

Os títulos de técnico en Produción Agroecolóxica e de técnio en Produción Agropecuaria refunden os ciclos de Explotacións Agrícolas Intensivas e Explotacións gandeiras, co fin de conseguir un currículo adaptado as demandas laborais do sector.

Para dar resposta ás necesidades do sector da lousa, no CIFP de Someso (A Coruña) impartirase a formación necesaria en Cubrición de edificios: lousas.

O titulo de técnico en Instalacións de Telecomunicación pasa a substituír o ciclo formativo de grao medio de equipos electrónicos de consumo. O ciclo actual ten un perfil profesional orientado a unha competencia xeral de instalar e manter equipos electrónicos de consumo, de son e imaxe, microinformáticos e terminais de telecomunicaicón, que pola evolución do sector non está a ser demandado en toda a súa extensión. Polo tanto este ciclo nace como unha titulación moi demandada, coa que o sistema educativo galego vai poder preparra ao alumnado en competencias tales como montaxe e mantemento de infraestructuras de telecomunicación, instalacións de circuito pechado de televisión e seguridade electrónica, centrais telefónicas e infraestructuras de redes de voz e de datos, sonorización e megafonía, instalacións e radicomunicaicóns, sistemas domóticos e equipamentos informáticos.

Por outra banda, incorpóranse á ofreta formativa outras catro titulacións que substitúen a outras vixentes, co fin de dar aos estudantes unha formación actualizada e axeitada ao mercado de traballo dos nosos días. Implantanse así os títulos de técnico superior en Deseño e fabricación Mecánica, Viaxes e Xestión de Eventos, Administración de Sistemas Informáticos en Rede e Guía, información e asistencias turísticas. Ademáis pasan de 1400 horas docentes a ter unha duración de 2000 co que se consigue unha formación aínda máis completa.

Ademáis, a Consellería este vindeiro curso conta con unha ampliación da oferta modular en ciclos formativos para adultos de diferentes ramas profesionais, coa finalidade de atender a novas demandas de inscrición.

A Formación Profesional é un futuro igualmente válido que a Universidade. Informadevos antes de escoller!! Ademáis tede en conta que dende os ciclos formativos podes acceder a certas titulacións universitarias vinculadas cos estudos de formación profesional, e por considerarase éstas de nivel superior poderedes ter dereito a beca. Aproveitade as oportunidades!

No hay comentarios:

Publicar un comentario