O Centro Superior de hostalería de Galicia, dependente da Secretaría Xeral para o Turismo da Xunta de Galicia, acaba de sacar a convocatoria de bolsas de estudos para os alumnos que se matriculan por primeira vez no curso 2010-11 en calquera das súas titulacións.
En total son 16 bolsas que cubrirán os gastos de matrícula e docencia. A cantidade ascende a 5.325 € que se restará do custo do curso, 6.325 € en résime externo e 9.795 € en réxime interno.
Cubre o 85% do prezo dun alumno externo e un 65% dun interno.
O prazo para solicitar está aberto e remata o próximo 15 de xullo.
As bases e o formulario de solicitude pódense baixar de Internet na páxina web http://www.cshg.es/
So poden solicitar bolsa os candidatos que se matriculen no primeiro curso de Diploma, Gran Diploma e Certificado de Cociña. Sempre que o alumno aprobe o curso, a axuda renovarase autoaticamente nos seguintes cursos.
O obxetivo é facilitar o acceso aos estuantes con bo expediente académico, aptitudes e vocación cara o sector hostaleiro, sen que a situación económica da familia constitúa un impedimento.
No hay comentarios:
Publicar un comentario