viernes, 25 de junio de 2010

O PXOM non sairá adiante nesta lexislatura


A voceira do Partido Popular de Melide, Ánxeles Vázquez asegura que o PXOM non será unha realidade nesta lexislatura. O pasado xoves na Xunta de voceiros puidose constatar que a redacción do plan foi rematada no mes de setembro de 2009 e por decisión política non se tramitou a pesares de que Cea xa anunciara no mes de novembro a súa aprobación inmediata.

O bipartito unha vez máis ten todo paralizado o que vai provocar que se teña que adaptar o plan á nova lei que entrou en vigor no mes de abril. Unha vez máis, máis traballo innecesario e máis gastos.

Lamentamos que a ineficacia dun goberno deixe a Melide unha vez máis a cola dos concellos limítrofes xa que a pesares de ter o traballo feito nesta lexislatura non vamos contar con PXOM.

Se queremos que Melide teña futuro o PXOM é unha arma fundamental de desarrollo dun pobo que ten que ser aprobado e posto en marcha de inmediato, se pola contra o proceso segue bloqueado por vontade política estase perxudicando a propietarios, construtores e promotores, xa que non é posible traballar coas normas subsidiarias actuais.
Unha vez máis o goberno encabezado por Socorro Cea aplica aquelo de "onde dixen digo, digo Diego".
Cea rectifica algo que dixeran anteriormente. Simplemente con ler o que o que dicían o 21 de outubro do ano pasado vese a seriedade do que din sobre o PXOM. O desgoberno é continúo. Botádelle un vistazo a estos enlaces.

Pxom Web Con Cello 002

3 comentarios:

  1. Non gobernan, so se deixan ir polo que din alguns amigos. Son cagons ata para isto. Para dar saida o futuro de Melide, prefieren deixarllo os que veñan que non ser eles os que tomen unha decision. O mesmiño que estes ultimos 3 anos, calquera cousa menos tomar algunha decision seria ou facer realmente algo.
    Tranquilos rapaces que xa nos queda pouco.

    ResponderEliminar
  2. Que crecidos estais, pena que la caida será mas dura

    ResponderEliminar
  3. Si, si, seguro que si. Ti non sufras por nos, ten ti coidado de non mancarte.

    ResponderEliminar