martes, 29 de junio de 2010

O día de S.Pedro sen Medallas e sen concerto da Banda de Melide

Como é tradición nos días de pobos, patrias e bandeiras o habitual é enaltecer o sitio en cuestión con gastronomía, música, tradicións, persoeiros importantes e un longo etcétera daquelo que é propio da vila, cidade ou país homenaxeado.
Pois ben unha vez máis Melide volta a ser un mal exemplo. O día de S. Pedro, Patrón de vila, non se entregan nin as Medallas de Melide nin tampouco poderemos disfrutar co concerto da Banda de Melide.
O que xa era un clásico deixou de realizarse a partir do primeiro ano de goberno de BNG - PSOE.
O equipo de goberno foi incapaz de poñerse de acordo á hora de conceder por unanimidade a medalla de Melide, que era un recoñecemento a persoas ou institucións que loitaron por Melide, polas súas xentes, por dar a coñecer dun xeito ou outro ás nosas tradicións ou ben por acadar os méritos necesarios polo traballo a prol dos demais, sempre levando o nome de Melide por diante. Un exemplo das institucións ou persoas que recibiron a medalla de Melide por unanimidade de tódolos grupos políticos son Protección Civil, Cáritas, Cooperativa Melisanto, Autos Puntero...
O Grupo Popular insta ó consenso por parte do bipartito para que actividades deste tipo non desaparezan e non se deixen de recoñecer os logros que dan a coñecer a Melide fora das nosas fronteiras nacionais, asi como organizacións ou particulares que traballaron arreo por Melide.
Por outra banda, a desaparición da banda de Melide fai que días sinalados como o S. Pedro xa non sexan máis que meros recordos de tempos mellores debido a que Melide non ten banda. O baleiro da inexistencia de banda nun pobo como Melide é posible gracias a campaña de desprestixio que se levou a cabo tanto a mestres como a alumnos/as do conservatorio por parte do goberno bipartito.

1 comentario:

  1. É unha pena que no día de melide non se organize nada, espero que esto non se repita por moito tempo é que se volva valorar o que temos no noso pobo.
    É se se pon un festivo local polo menos que se faga notar é que non pase como un día normal.

    ResponderEliminar