viernes, 2 de julio de 2010

O PP de Melide subliña o compromiso da Xunta de Galicia co polígono industrial de A Madanela

  • Vázquez anuncia que a Xunta concederá a subvención para a depuradora, sempre e cando a documentación que presente o Concello cumpra os requisitos necesarios
Melide, 1 de xullo de 2010. A Voceira do Partido Popular de Melide, Ánxeles Vázquez, tras manter unha xuntanza co Delegado Territorial da Xunta de Galicia na provincia, Diego Calvo, amosa a súa satisfacción polo compromiso e vontade do goberno autonómico coa depuradora do Polígono Industrial de A Madanela, así coma tamén cos empresarios, co fin de rematar coa situación de incerteza na que se atopan. Por todo eso, Vázquez traslada que dende a Xunta de Galicia “se poñerá todo o empeño para que a depuradora sexa unha realidade, polo que estarán pendentes de tódalas tramitacións e pasos a dar”.

Neste senso, a representante popular anuncia o compromiso do Goberno Galego en concede-la subvención para a depuradora, “sempre e cando a documentación estea ben presentada e cumpra coa legalidade”. A voceira popular adianta, ademais, que en breve a Consellería de Industria terá que publicar a relación de Concellos ós cales se lles conceden axudas para polígonos industriais e está convencida, e así llo pregou no nome dos empresarios ó delegado territorial, que Melide sexa un dos beneficiados.

O motivo da reunión entre a Portavoz Popular e o representante autonómico foi coñece-las situación actual na que se atopa o proceso de axudas que, durante este ano, publicou a Xunta para as EDAR e analizar o caso concreto de Melide, “despois de que a vila se quedara sen depuradora debido a incompetencia do actual goberno local”. Tal e como recorda Vázquez, este feito foi o que levou ó Partido Popular a presentar unha denuncia ante o xulgado, xa que tras interpelar en reiteradas ocasións á rexedora, Socorro Cea, a través de varias iniciativas presentadas no pleno e de solicitar unha sesión plenaria extraordinaria, con fin de poñer luz e taquígrafos, “o equipo de goberno endexamais contestou”. “O PP cumpriu dende sempre a súa palabra de velar polos intereses do municipio –engadiu. De aí que, dende un principio, distinguíramos as irregularidades cometidas por Cea coas necesidades que teñen o polígono e ós empresarios”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario