lunes, 26 de julio de 2010

O PP de Melide mostra a súa preocupación polo descoñecemento en todo o relativo as festas do San Roque 2010

  • A representante del PP afirma que o bipartito improvisa continuamente o que provoca que a escasos días das festas, que atraen a miles de turistas, non se saiba nin os días nin as atraccións coas que vai contar Melide.

A Voceira do Partido Popular de Melide, Ánxeles Vázquez calificou de gran irresponsabilidade por parte da alcaldesa e o do seu equipo de goberno que, a escasos días das festas de San Roque, se descoñeza o cartel das festas, así como o número de días, e a ubicación das atraccións.

Para Vázquez tamén é vergonzoso que cun dos motores de atracción de emigrantes e veraneantes se improvise, xa que non ten razón de ser que, a finais de xullo, se descoñezan os concertos que se van organizar a partir do 15 de agosto.

Para a representante popular estas manobras políticas dan como resultado que se vaian gastar cartos e que estes non sexan aproveitados para darlle a publicidade que Melide se merece.

Segundo a representante popular son moitas as persoas que a paran pola rúa para preguntar polas festas de San Roque non tendo resposta algunha por descoñecerse totalmente tanto o programa como os días nos que se van a desenvolver a festas mais importantes de Melide.

Dende o PP instase ó goberno a que saque a cartelería das festas e se comece a repartila tanto por Melide como polos concellos limítrofes, xa que pola contra a sensación que teñen os vecinos é de parálise total do Concello e esa imaxe vai repercutir negativamente no comercio e na hostelería.

No hay comentarios:

Publicar un comentario