Este sabado día 31 de Xullo tivemos o pracer de asistir ao VIII Congreso Rexional de Novas Xeracións de Galicia co fin de renovar a directiva desta nosa organización.
A anterior directiva encabezada por Maria Seone da paso a unha renovación importante cuxa cabeza visible será Javi Dorado Soto, dende hoxe Presidente de Novas Xeracións de Galicia.
Neste acto estiveron presentes numerosos políticos destacables do panorama popular como o Presidente de Novas Xeracións Nacional Nacho Uriarte, Manuel Ruiz Rivas portavoz do grupo popular no Parlamento de Galicia, o secretario xeral do partido en Galicia Alfonso Rueda Valenzuela, o presidente de honra de Novas Xeracións de Galicia Gerardo Fernández Albor, e outras numerosas personalidades do panorama autonómico e nacional, sen obviar, a intervención final do noso presidente, Alberto Nuñez Feijoo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario