martes, 13 de julio de 2010

O PP LAMENTA QUE, UN ANO MÁIS, O GOBERNO MUNICIPAL NON ORGANICE A FESTA DE MISS GALICIA TERCEIRA IDADE

  • A representante popular afirma que este tipo de actitudes prexudica fortemente a economía melidense e responden a un interese partidista
  • Anxeles Vázquez asegura que no mes de xullo Melide era o lugar de encontro de miles de persoas maiores que disfrutaban dun día distinto, desaparecendo este evento coa chegada do Bipartito.
O PP de Melide lamenta que, un ano máis, a alcaldesa Socorro Cea tomara a decisión errónea de non organizar unha nova edición de Miss e Mister Galicia Terceira Idade, un evento que non supoñía un alto coste para as arcas municipais e que tiña una excelente acollida entres tódolos veciños. Segundo afirman dende o Grupo Popular Municipal dende a chegada ó goberno do Bipartito melidense tiráronse pola borda 15 anos de traballo que facían que Melide fora coñecido en cada rincón de Galicia ó participar miles de persoas nun evento que xa tiña unha gran tradición en Melide.

O Festival da Terceira Idade atraía miles de xubilados de toda Galicia que en moitos casos tamén viñan acompañados por fillos e netos o que facía que Melide se convertera por un día nun formigueiro de xente que, a parte de coñecer Melide e darlle publicidade, supoñía un gran impulso para a economía local.
A representante popular aconséllalle ó Goberno a que constrúa e non destrúa polo ben de Melide porque os maiores do municipio precisan momentos de esparcemento onde poder disfrutar de intres únicos e distintos. Para os populares a decisión de cancelar este evento so responde a un interese partidista de acabar con todo o que funcionaba ben durante a anterior xestión do Partido Popular, antepoñendo os intereses particulares por enriba dos intereses dos veciños do Concello que reclaman cada ano que se recupere esta celebración

No hay comentarios:

Publicar un comentario