martes, 20 de julio de 2010

A Xunta cumple o que promete: Melide posúe o albergue con máis capacidade do camiño francés

O importante é chegar" como reza o lema da Dirección Xeral de Tráfico. E neste caso chegamos, sans e salvos, xa que dende hoxe o hospedaxe dos peregrinos que pernoctan en Melide xa está dispoñible no albergue propiamente dito.


Medio ano de obras de reforma mereceron a pena porque dende hoxe Melide conta co albergue de máis capacidade do camiño francés. As reformas para as que se destinaron dende a Administración Autonómica ao arredor de 600.000 euros, comprenderon tanto a mellora tanto do interior como do exterior do inmoble acondicionando o edificio as condicións térmicas adecuadas a unha infraestructura de tales características. Ademáis desta volta todos os baños instalaronse na planta baixa, e no primeiro piso destaca a instalación de un dormitorio grande e catro aseos para uso nocturno.



As plazas que están disponibles chegan ata as 169, dentro das cales se inclúen catro para as persoas con algún tipo de minusvalía. Non hai que esquecer que neste ano Xacobeo 2010 a capacidade de Melide para acoller aos peregrinos nesta semana de máxima afluencia se ve complementada coas máis de 100 camas disponibles no albergue provisional que se encontra no palacio de Congresos de Melide.

No hay comentarios:

Publicar un comentario