jueves, 8 de julio de 2010

Novas Xeracións denuncia a inexistencia de climatización adecuada para as instalacións da piscina Municipal

Como outras tantas infraestructuras da nosa vila que posuimos e que disfrutamos é penoso que non se exixa por parte do goberno local un mínimo de mantemento e mellora para que os servizos ofrecidos aos cidadáns sempre sexan os mellores. Fágamos sentir que os impostos que se pagan por parte do particular serven para algo.
Os usuarios da piscina municipal como é razonable acuden as intalacións a prácticar deporte de diferentes tipos. Pero as condicións en que se práctica son canto menos, perxudiciais para a saúde. O problema é que, poñamos un exemplo, a sala de spinning encóntrase situada nunha das alas do edificio que está sometida a unhas temperaturas extraordinariamente altas, as que lle sumamos a sudoración propia do corpo ten un resultado claro: É INSOPORTABLE. Cousa que se extende a todas as salas da piscina municipal.

A solución sería tan asequible como que o edificio contase con un sistema de refrixeración propio deste tipo de espacios para que a práctica do deporte fose o máis cómoda posible.

O deporte e os habitos de vida sanos deben ser incentivados por parte do poder público, sen embargo, se despois ese propio poder nos pon trabas, que nos queda?

Sumádevos a nosa proposta de acondicionamento da piscina municipal. A mellora é para tod@s!

No hay comentarios:

Publicar un comentario