domingo, 4 de julio de 2010

A autovía Santiago-Lugo sufrirá retrasos na súa execución

Pese a imperiosa necesidade de infraestructuras do transporte en Galicia, que ben por aqueles gobernos liderados polos centralistas no tempo da Restauración, ou, polo contorno orográfico da nosa xeografía quedaron sempre hipotecados. E unha vez máis, a ilusión de unha autovía que permitiría enlazar o interior da comunidade galega queda estancada "temporalmente".
O alcalde de Santiago, o socialista Xosé Antonio Sánchez Bugallo, asegurou onte nunha rolda de prensa que a autovía A-54 sufrirá "algún retraso" debido aos axustes de obra pública que se están aplicar como medidas contra a crise por parte do goberno central.
O primeiro dos tramos entre Lavacolla e Arzúa contaba coa promesa do ministro de Fomento, Xosé Blanco, para que a súa finalización fose non máis aló do 2012. Unha vez máis, os gobernantes centrais rachan coas súas promesas xa que os usuarios da N-547 terán que agardar un tempo máis-non se sabe canto- para reducir o seu traxecto entre os municipios de O Pino e Arzúa.
Sen embargo, hai esperanza, ou queremos pensar que existe. Bugallo indicou onte que a pesar dos retrasos que vai sufrir a autovía, está descartado que se vaia a rescindir o contrato coa empresa adxudicataria das obras, Dragados. Hai que resaltar que se se dese a situación de rescindir o contrato, a autovía si estaría totalmente en "stand by" xa que podería tardar varios anos en salir a licitación.
Con respeto ao tramo -de por si polémico- entre Arzúa e Melide tamén estará afectado por estas reduccións e atrasos. Un dos últimos retrasos que sufría este último tramo relacionabase con un informe da Dirección Xeral de Conservación da Natureza sobre a viabilidade da construcción da autovía polo seu paso polo LIC Serra do Careón, que está pendente de envío de datos por parte do Ministerio de Fomento.
É unha mágoa que por culpa de un goberno central ineficaz na xestión dos orzamentos públicos os galeg@s voltemos a pagar coas nosas infraestructuras que nos pertenzen por dereito.

2 comentarios:

  1. E logo , algunha vez o pp de melide se preocupou pola autovia?jejeje.que risa..

    ResponderEliminar
  2. Que eu saiba a competencia sobre autovías non versa sobre o goberno local -tan só naquelo que se refire a documentación- daquela o actual goberno local estaría a quedar moi mal con Melide por non asfaltar os tramos non?

    ResponderEliminar