sábado, 3 de julio de 2010

BellónMaceiras Quintento en Melide

Dentro dos actos programados polo Xacobeo 2010, este sábado,3 de xullo, BellónMaceiras Quinteto ofrecerá un concerto en Melide. A actuación, que é gratuíta, terá lugar no Cantón de San Roque a partir das 11 da noite, polo que nin sequera os seareiros terán escusas, xa que poden estar tranquilos e ver o España-Paraguai previamente.
Os asistentes ao concerto poderán gozar das mellores versións do quinteto actual,formado ademais de por o dúo inicial Daniel Bellón e Diego Maceiras por Miguel Lama, Cabe e Juan Tinaquero.
Por suposto, tamén poderán escoitar algún dos temas do seu novo disco publicado en abril deste mesmo ano "Folk Fusión", como é o "Tango pour Claude".

No hay comentarios:

Publicar un comentario