jueves, 15 de julio de 2010

Venres 16 de xullo recital de guitarra a cargo de Juan Manuel Vázquez

Este venres dende as 20,30h, na Igrexa Parroquial de Melide, o ourensán Juan Manuel Vázquez ofrecerá un recital no marco do Festival Vía Stellae que organiza o Xacobeo. Este concerto está enmarcado na actividade do Festival Via Stellae no Camiño Francés, que ese ano xacobeo 2010 inclúe 8 concertos nas vilas de Sarria, Samos, Pedrafita, Portomarín, Arzúa, Palas de Rei e a nosa vila, Melide.
O guitarrista ourensán Juan Manuel Vázquez presentará o seu traballo titulado "Sons de eterna harmonía" que inclúe un amplo programa que mostra cinco séculos de música escrita para guitarra e laúde. No concerto poderán escoitarse obras dos compositores barrocos (Luys de Narváez, Luys de Milán e o alemán Silvius Weiss) e de dous autores do século XX ( o cubano Leo Brower e o italiano Carlo Domeniconi). Ademáis de esta mostra musicial do seu propio traballo como guitarrista, Juan Manuel Vázquez interpretará unha selección do Álbum de colien para guitarra, que versa sobre unha recopilación para guitarra de música española e portuguesa do século XX, incluíndo obras de Antonio Pinho Vargas, Xavier Montsalvatge e Carlos Cruz de Castro.
Juan Manuel Vázquez é natural de Ourense, ten 32 anos, e recibiu mención de honra ao rematar os seus estudos superiores de guitarra hai oito anos no conservatorio vigués. Conta con unha recoñecida experiencia como recitalista de guitarra, foi premiado nos concursos de guitarra de Tui e Cacabelos (León) e ademáis é profesor de música en Chantada.
Como é habitual en todos os concertos do Festival Via Stellae celebrados nas localidades do Camiño de Santiago a entrada é libre ata completar o aforo do local.

No hay comentarios:

Publicar un comentario