lunes, 12 de julio de 2010

O PP VOTA EN CONTRA DOS PRESUPOSTOS MUNICIPAIS E TILDA A SITUACIÓN DE PENOSA POR ACUMULAR UNHA DÉBEDA QUE SUPERA CON CRECES OS 4 MILLÓNS DE €.

  • A representante popular recrimínalle ó actual goberno ter unha débeda de facturas nos recoñecidas do pasado ano que ascende a 1.611.065, 81 €( sobre 270 millóns das antigas ptas) que non se incluiron neste presuposto.
  • Vázquez afirma que cada persona que nace en Melide faino con unha débeda bancaria de 311€, debido ós 2.5 millóns de € en préstamos bancarios a longo prazo, dos que 1,5 foron pedidos polo bipartito.

Ánxeles Vázquez acusa ó bipartito de incrementar a débeda bancaria un 150 % e as facturas sen recoñecer nun 120 %, pasando de 1 millón de € co PP a 2.5 co bipartiro no primeiro caso; e de 739.745 € en facturas sen recoñecer co PP a 1.611. 065 co bipartito no segundo caso, polo que a débeda actual supera os 4 millóns de € cifra a que lle hai que engadir facturas recoñecidas que están se pagar e da que non trascendeu o dato durante o pleno.
O Grupo Popular afirmou que cada día o Concello ten que pagar de préstamos bancarios 1000 € e de personal 5000 € , cifra esta última que segundo a voceira popular se seguirá incrementando polas prazas de nova creación como é o caso de técnico deportivo que non debería de terse convocado en época de crise, aconsellándolle a alcaldesa que consolide os postos que ten agora e non incremente o número de funcionarios.
Anxeles Vázquez afirma que o presuposto presentado por pouco mais de 5 millóns de € é irreal porque non reconoce as facturas do pasado ano e as partidas presupuestarias están infladas; lembrandolle á alcaldesa que os proevedores que teñen sen cobrar do pasado ano van ter moitos problemas para que o pago se faga efectivo ó non recoñecer as débeda.
A voceira popular mostrouse preocupada porque o gasto en persoal supera o 40 % fronte ó 1 % de inversión, polo que de non ter os plans estatais Melide non ten nin para pagar o asfalto dunha pista.
Outro dos temas a debatir foi sobre o decreto do estado sobre aforro, optanto a alcaldesa por rebaixar ós concelleiros do PP un 20 % a súa asignación mensual pasando de 60 a 50 €, mentras que a alcaldesa e os concelleiros con dedicación exclusiva que cobran 42. 563, 41 € no caso da alcaldesa, 31.900 no caso do tenente de alcalde e 29.700 € no caso da Concelleira de medio rural tan só o fan nun 7 e 6 % respectivamente.
A representante popular afirma que actualmente a débeda é a maior da historia e o futuro é moi pouco alentador.

No hay comentarios:

Publicar un comentario