sábado, 3 de julio de 2010

As piscinas de Furelos seguen pechadas

  • A voceira do PP asegura que os accesos á piscina están intransitables ó atoparse en terra pola falta de previsión á hora de acondicionar a entrada.


  • O PP insta a alcaldesa a arranxar os problemas existentes nas piscinas e obter os permisos necesarios para abrir canto antes as instalacións.

    A Voceira do Partido Popular de Melide, Ánxeles Vázquez ven de pedirlle explicacións á alcaldesa por estar pechadas as piscinas descubertas do río Furelos a pesares de anuncios reiterados por parte de Socorro Cea da súa apertura o día 1 de xullo. A voceira popular lamenta tamén que despois de que se fixeran obras nunha das piscinas xa se rexistren fugas de auga o que supón un escándalo. Dende o PP de Melide aseguran non entender tal situación xa que os accesos están en terra o que vai provocar que a auga estea continuamente sucia nos vasos, porque o céspede sembrado nos arredores inda non creceu.

    A voceira popular afirma que unha vez mais a falta de previsión fixo que se realizaran unhas obras, días antes de ter que abrir as piscinas, o cal provoca unha situación incómoda para os usuarios das mesmas e da área recreativa .

    Ademais de todo isto, Anxeles Vázquez solicitoulle por escrito unha explicación á alcaldesa despois de que esta acusara recentemente ó anterior Goberno Local do PP de abrir as piscinas sen cumprir coa lexislación vixente, feito que indignou ós populares “xa que non se pode desacreditar e menos mentir”. Por iso o PP esíxelle á alcaldesa que presente os informes anuais de Sanidade de apertura e por suposto tamén os deste ano para que todo o mundo poida comprobar se en algún momento o anterior Goberno Local do PP abriu as piscinas sen os permisos necesarios, “porque non se poden facer acusacións sen probas, especialmente cando agora, como alcaldesa, está incumprindo os seus propios compromisos, e ten as piscinas sen o acondicionamento necesario”. O PP insta ó Bipartito a deixarse de enredar e a arranxar os problemas existentes para obter os permisos precisos para abrir canto antes as piscinas, xa que os melidenses teñen dereito a disfrutar da área recreativa de Furelos e non trasladarse para poder bañarse en áreas recreativas deste tipo colindantes.

3 comentarios:

  1. É a todas luces inadmisible que a estas alturas de verán non poidamos disfrutar das piscinas. Para Decembro non farán falta, e se me apuras dentro dunhas semanas tampouco coñecendo a metereolóxia da nosa comunidade.
    É unha mágoa que ademáis de poñerse a arranxlas en plena temporada estival en vez de arranxalas pois estraganse.
    E xa que dicir do río...que hoxe un xornal coñecido saque na súa sección de comarcas que "se comeza a súa limpeza hoxe 7 de Xullo"...da a sensación de que os pillou o toro...Será porque hoxe é San Fermín! Hai que poñerse as pilas señores!

    ResponderEliminar
  2. Crítico:
    alucinante y extraplanetario que trabajen con estos calores a toda pastilla para preparar una "charla" en el multiusos, mientras expedientes de ciudadanos melidenses están en un cajón a la espera de respuestas, mientras esperamos a que crezca el césped de los alrededores de la piscina, mientras el Pxom lo guarden bajo 7 llaves,mientras...

    ResponderEliminar
  3. Todos con la roja!!!
    Queremos pantalla gigante en la plaza del Convento!!
    -Pásalo-

    ResponderEliminar