sábado, 10 de julio de 2010

O PP DE MELIDE ACUSA Á ALCALDESA DE CAMBIAR A HORA PREVISTA DOS ORZAMENTOS PARA EVITAR QUE ACUDAN OS VECIÑOS

  • A representante del PP tacha ó Bipartito de covardes por convocar un dos plenos máis importantes, o dos Orzamentos o luns, ás 13.h, cando ninguén pode asistir, en vez das 21.h tal e como se acordou por unanimidades de tódolos grupos
  • Vázquez considera moi grave o incremento da débeda do Concello que ascende a 4 millóns de euros e os intentos da alcaldesa de “maquillar” os datos para ocultar a realidade económica do Concello
  • A representante popular insta a Cea a non tratar de ignorantes ó melidenses dicindo que o remanente de tesourería é positivo,cando esto se debe a que non recoñeceu facturas por importe de 1.600.000 no pasado exercicio.

A Voceira do Partido Popular de Melide, Ánxeles Vázquez calificou de “moi grave” a actitude dos actuais gobernantes de intentar evitar o debate económico en presencia dos melidenses, xa que de forma unilateral e antidemocrática, convocaron o pleno dos orzamentos para o luns ás 13.00 h, cando todo o mundo está traballando e non pode asistir, en vez de ás 21.00 horas tal e como se acordara por unanimidade de tódolos grupos políticos.

Para Vázquez tamén é vergonzoso que, unha vez mais, se empreguen medios públicos (cartelería, radio , empregados municipais) para facer campaña política, tal e como ocorreu coa charla informativa do vernes para falar da situación económica do Concello sen que os membros do PP foramos convidados.

Para a representante popular estas manobras políticas teñen como obxectivo ocultar a realidade dos datos económicos porque son escandalosos tal e como trascendeu na Comisión Informativa previa a pleno celebrada o xoves, debido a que a débeda bancaria e de 2.500.000 €, e as facturas sen recoñecer do ano 2009 ascenden a 1.611.065,60. €, e a isto hai que engadirlle as facturas recoñecidas sen pagar das cales o PP non tiñacoñecemento. Polo que a débeda actual coñecida supera os 4 millóns de €.

A representante popular asegura que endexamais o Concello estivo tal endebedado, ó ser un dos da provincia que mais incrementou a débeda bancaria nos últimos dous anos tal e como trascende dos datos que todos os cidadáns poden comprobar na páxina do Ministerio de Economía.

Ánxeles Vázquez voceira do PP pídelle a Cea que deixe de vivir nunha continua mentira e non trate ós melidenses por ignorantes porque calquera Concello pode ter remanente de tesourería positivo se fai como o de Melide, pedir préstamos bancarios e non recoñecer as facturas, xa que o non recoñecemento das facturas é o mesmo que se non existiran a efectos de contabilidade. Engaden dende o PP que o non recoñecemento de facturas vai supoñer que os proveedores ós que se lles deben grandes cantidades van ter verdadeiros problemas para proceder ó cobro.

Por todo iso, o PP advirte que non vai a permitir que as intencións da alcaldesa de ocultar a realidade económica do Concello cheguen a bo porto, e se a rexedora non informa, os populares trasladarán aos medios de comunicación e aos veciños toda a información real sobre a situación económica do Concello.

No hay comentarios:

Publicar un comentario