Os vindeiros días 20, 23 e 24 de xullo vaise a celebrar en Santiago o I Encontro Xuvenil da Galeguidade.
Durante este encontro e en cada unha das tres xornadas 45 mozos e mozas, fillos de emigrantes galegos en América, encontraránse con mozos e mozas residentes en Galicia.O programa do encontro é:
11:30- Recepción e Apertura por parte do Director Xeral Ovidio Rodeiro Tato.
11:35- Ponencia "Xuventude e Galeguidade" a cargo do profesor da USC Miguel Anxo Bastos.
12:00- Comezo do Coloquio Intercultural (en grupos).
13:15- Descanso e café.
13:30- Exposición das conclusións do Coloquio.
14:00- Xantar pic-nic no parque de San Domingos de Bonaval.
16:00- Xincana pola cidade vella de Compostela.
19:00- Fin do encontro.
Todos aqueles que esteades interesados en participar, por favor dádevos de alta no seguinte enlace:http://xuventude.xunta.es/index.php/mozos-e-mozas-da-galicia-exterior-e-interior-participaran-en-santiago-no-primeiro-encontro-xuvenil-da-galeguidade.html
Anímadevos, que áinda habedes de encontrar alguén da vosa localidade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario