jueves, 24 de junio de 2010

Residencias para o curso 2010/2011

O Diario Oficial de Galicia publicou a orde que regula a convocatoria das prazas residencias que oferta a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado aos estudantes para o próximo curso.
En total son 220 prazas que se distribúen do seguinte xeito:
- 76 no centro residecial xuvenil LUG.
- 50 para a residencia Florentino L. Cuevillas de Ourense.
- 94 na residencia Altamar de Vigo.
O uso das instalacións abranguerá dende o 16 de setembro de 2010 ata o 15 de xullo de 2011.
O prazo para solicitar estas prazas está aberto ata o 9 de xullo. En total, a cota que haberá que aboar por mes, incluíndo o aloxamento e mantenza será de 263 euros.
As prazas están dirixidas aos estudantes de ciclos formativos tanto de grao medio como de grao superior; de bacharelato; de estudos superiores de ensinanzas artísticas; de estudos universitarios ou equivalentes.
Os requisitos para acceder a estas prazas son:
- Posuír nacionalidade española ou ser nacional dun país membro da UE, ou ser estranxeiro residente en España.
- Non ter máis de 30 anos na data en que remate o prazo de solicitude.
- Non pode existir oferta de centros públicos para realizar os estudos correspondentes no concello onde radique a residencia familiar. Exceptúase deste requisito a realizaciónd e estudos universitarios nos que o estudante non acade a nota de corte.
A comisión avaliadora das solicitudes valorará en función dos seguintes criterios de selección:
- Residentes en cursos anteriores.
- Rendemento académico.
- Renda da unidade familiar
- Situación de familia numerosa.
- Situación laboral de desemprego sen prestación económica do pai ou da nai.
As listas de admitidos serán expostas nas residencias xuvenís, no rexistro xeral dos departamentos da Consellería de Traballo e Benestar, na Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado e no Centro de Información Administrativa e Atención ao cidadán de Santiago de compostela.
A convocatoria e solicitude podes encontrala na pestaña dereita do blog.

ARTIGO_8806Prazas de Residencia e Solicitude

No hay comentarios:

Publicar un comentario