sábado, 19 de junio de 2010

Desmelloras na praia fluvial de Furelos

En pleno comezo da temporada estival a área de lecer do Rio Furelos encontráse en plenas obras, de todo innecesarias, xa que non melloran o espacio no substancial.
Comenzando pola piscina dos pequenos, foi rebaixada 30 cm na súa fondura alegando que non cumpría a normativa vixente cando realmente a normativa é a mesma dende 2005. Que van facer agora os nen@s de 6 a 10 anos? mollar os pés? Ademáis para os restantes nenos, a piscina segue a ser inadecuada. Como suxerencia, poderíase haber modificado a piscina dando lugar a unha con duas fonduras, separada por algún tipo de barreira, como sucede en case todos os complexos. Pero hai máis.
As reformas extendense a construcción dun parque infantil tipo "cidade" de todo inadecuado e moi perigoso para os pequenos. Os típicos cabaliños encontranse a centímetros do foso de auga que hai no río sen ningún tipo de medida de seguridade. O caucho que recobre o chan voltase esvaradizo cando os nenos van xogar mollados, como é lóxico despois de disfrutar dun baño. E a cousa non para ahí, se non vós parecía pouco, o parque situase na única zona da praia fluvial onde os bañistas podían tomar o sol sen ninguha sombra dada a proliferación de árbores na nosa praia fluvial.

As moreas de lixo amontonadas polos arredores dan fe da deixadez da praia fluvial que a dez días de comezo da temporada ten un aspecto insalubre e de todo inutilizable. Poderemos disfrutar de Furelos este verán?

2 comentarios:

  1. Mirei agora mesmo, chamei algun coñecido, e tes toda a razon, non existe ningunha modificacion nas normativas dende 2005 e ningunha fai ningun tipo de referencia a profundidade das piscinas que poidera influir nas que tiñamos.
    Puxenme a pensar e xa me din conta do que pasa.
    O fillo dalgunha politica ou politicas tellen unha idade na que (casualidades da vida) teñen unha estatura que non lles permitian bañarse sos e deste xeito xa non precisan coidalos, so "depositalos" e que os coide o socorrista que para iso lle pagan.
    Politica a carta, pouco a pouco todo se relaciona.

    ResponderEliminar
  2. Nuestra playa fluvial está del todo desaprovechada. Ayuntamientos que non cuentan con área fluvial tienen una afluencia de gente impresionante cuando la población no supera los 1000 habitantes. Cabe preguntarse entonces ¿Qué es lo que pasa en Melide? En vez de hacer parques estilo ciudad kamikazes cerca del canal lo que se debería haber hecho es gastar el dinero de la reforma de la piscina y del parque en acondicionar el río, es decir, drenarlo, limpiarlo por abajo, sacarle todo el lodo que tiene y la contaminación acumulada, sembrar un lecho de piedras por debajo y volver a disfrutar de nuestro río, revalorizarlo y vender lo que tenemos. Para que Melide pueda tener lo que se merece y con ello los melidenses.

    ResponderEliminar